
6 minute read
A Semana Santa de Betanzos recupera vestimentas antigas e reivindica o seu atractivo cultural
O deseñador Jorge Vázquez estréase como presidente da Confraría cunha aposta firme polo coidado da estética e por aunar arte, cultura e tradición.
REDACCIÓN / Betanzos
Advertisement
Sorprendido pola implicación da cidadanía e do empresariado local, o presidente da Cofradía de Semana Santa de Betanzos, o deseñador Jorge Vázquez, supervisa cada detalle dos pasos das cinco procesións que percorrerán o casco histórico betanceiro os días 2, 4, 6 e 7 de abril. Un esceario idóneo para reivindicar a tradición das celebracións betanceiras e o aspecto máis cultural da Semana Santa.
Unha tradición que se reflectirá nas vestimentas antigas, rescatadas da igrexa e do Museo das Mariñas, que lucirán os monaguillos que acompañarán a procesión do Domingo de Ramos na que todos vestirán de branco: "Busco un impacto visual y trato de mejorar la imagen dentro de lo que es el estilo gallego y del casco histórico para ofrecer una imagen más internacional", afirmou Jorge Vázquez no acto de presentación do programa no que estivo acompañado pola alcaldesa, María Barral, o párroco Santiago Pérez, e membros da directiva da Confraría.
Entre as novidades, ademais do cambio na vestimenta da procesión da "Borriquita", recubriranse as andas con telas e faldóns para ocultar as estruturas, prestarase especial atención á decoración floral dos pasos e incorporaranse máis nenos e nenas ás procesións.
"Negro, luto y olor a incienso"
O Domingo de Ramos e o Venres Santo a Corporación Local acompañará as procesións por primeira vez. E tamén por primei-
A artista valenciana Andrea Navarro gaña o certame para elixir o cartaz da Semana Santa
Outra das novidades deste ano foi a selección do cartaz da Semana Santa que se realizou mediante un concurso entre alumnos e alumnas que cursan o Master de Gráfica na Fundación CIEC de Betanzos.
A gañadora foi a artista valenciana Andrea Navarro. As obras que participaron no certame convocado pola Confraría en colaboración co Concello e coa Fundación CIEC, están expostas no Edificio Arquivo ata o 1 1 de abril.

A convocatoria do concurso, no que participaron unha ducia de artistas, supuxo "un cambio otable, ofreciendo una imagen más nueva y fresca fruto de la unión
A alcaldesa, María Barral, no centro, xunto ao presidente da Cofradía de Semana Santa de Betanzos, Jorge Vázquez, o párroco, Santiago Pérez, e membros da directiva da confraría na presentación do programa / ARUME ra vez a procesión de Os Caladiños transcorrerá a escuras, só alumeada coa luz das candeas: "Queremos crear un ambiente de recogimiento: negro, luto y olor a incienso. Con niñas con mantilla, además de las mujeres que suelen acompañar la procesión", explicó Vázquez.
Consciente de que en Betanzos falta o fervor relixioso que hai noutras localidades, apela ao reclamo turístico e cultural que significa para a cidade a Semana Santa, "seamos o no creyentes", apuntou, e fixo fincapé en que é necesario incorporar xente nova, mocidade que aprecie ese valor cultural.
"Es importante ir mejorando para estar al nivel del título que tenemos (Interés Turístico de Galicia) y estamos luchando por ello", dixo, e aproveitou para agradecer a colaboración do Concello de Betanzos, as doazóns e apoio de empresarios locais e de veciños e veciñas: "Sin dinero no se puede hacer nada y estoy encantado por la acepta- ción del público", subliñou. Destacou tamén a participación dos costaleiros e colaboradores que participarán nos diferentes pasos ao tempo que pediu que se sume máis xente.
Entre os obxectivos para o vindeiro ano está a recuperación da tradición do Desenclavo, seguindo a liña de recuperar aspectos tradicionais e propios da celebración betanceira.
A alcaldesa, María Barral, pola súa parte, incidiu no valor cultural e turístico, "máis ala do cáracter relixioso, é unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia", dixo. Felicitou á directiva da Confraría pola súa implicación e o seu esforzo persoal "para organizar unha Semana Santa que, despois da de Ferrol, é un referente na provincia", afirmou, e animou aos betanceiros e visitantes a vir a Betanzos: "Descubrirán unha Semana Santa incríble, nun entorno único como é o casco histórico e cunha imaxe renovada e uns eventos culturais dignos da mellor Semana Santa".
A sonoridade do órgano será o fío condutor do VI Ciclo de Música Sacra
PROGRAMA SEMANA SANTA (Do 2 ao 9 de abril)
VI CICLO DE MÚSICA SACRA
Domingo 2 de abril
20:30 h Igrexa de Santiago. Concerto "Ad Organum" con Joaquín Barreira.
Luns 3 de abril
20:30 h Igrexa de Santiago. Concerto: "O eterno retorno" de Glossa
Nova: Germán Díaz, Pedro Lamas, Alfonso Morán e Fernando Buide
Martes 4 de abril
20:30 h Igrexa de Santiago. Concerto "Il pianto della madonna" por Cuarteto Alicerce: Jorge Montes, Roberto Santamarina, María José Pámpano e Carlos García. Soprano: Rosana Orsini. Órgano: Marco Brescia.
Preg N De Semana Santa
Sábado 1 de abril
20:30 h Igrexa de San Domingos. Pregón a cargo da profesora titular de Historia del Arte na USC María Dolores Fraga Sampedro. Concerto da Coral Polifónica de Betanzos
Programa Relixioso
DOMINGO DE RAMOS
Domingo 2 de abril
09:00 h Misa na igrexa das Madres Agostiñas.
11:00 h Bendición de Ramos no adro da igrexa de San Domingos e procesión ata a igrexa de San Francisco.
12:00 h Misa Solemne de Domingo de Ramos na igrexa de San Francisco. Rematada a misa, regreso da procesión ata o templo de San Domingos. Acompañan a procesión a Banda de Música de Abegondo e a Banda Municipal de Música de Betanzos.
19:30 h Misa na igrexa de San Domingos.
Martes 4 de abril
19:00 h Igrexa de San Domingos. Celebración Penitencial con confesións e misa.
Mércores 5 de abril
19:30 h Misa na igrexa das Madres Agostiñas.
20:00 h PROCESIÓN VIA CRUCIS polo casco histórico desde a igrexa das Agostiñas ata a igrexa de Santa María do Azougue. Acompañará a procesión a sección de percusión da Agrupación musical Virxe da Amargura (Ferrol).
XOVES SANTO
Xoves 6 de abril
CELEBRACIÓNS:
MISA DA CEA DO SEÑOR
16:00 h Residencia García Irmáns.
18:00 h Igrexa das Madres Agostiñas.
19:00h Igrexa de San Domingos.
Participarán a soprano Clara Jelihovschi
Panas e o Coro Madrigalia
HORA SANTA
Panas e o pianista David Jelihovschi
Acompañan a procesión a Banda de gaitas e tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo) a Banda de Gaitas Agarimo de Ferrol e a Banda de Música de Abegondo
VENRES SANTO
Venres 7 de abril
CELEBRACIÓNS:
12:00 h Igrexa de San Domingos Via Crucis escenificado. Celebración da morte de Xesús
16:00 h Residencia García Irmáns.
17:00h Igrexa de San Domingos. Participará a soprano Clara Jelihovschi Panas e o Coro Madrigalia.
18:00 h Igrexa das Madres Agostiñas.
PROCESIÓNS
19:30 h SANTO ENTERRO
Sairá da Igrexa de San Domingos cos pasos do Cristo das Ánimas, a Nosa Señora da Angustia, o Santo Sepulcro e a Nosa Señora da Soidade. Acompañan a procesión a Agrupación musical Virxe da Amargura e a Banda das Angustias (Ferrol) e a Banda Municipal de Música de Betanzos.
22:00 h OS CALADIÑOS
Sairá da Igrexa de S. Francisco cos pasos da Santa Cruz e Nosa Señora das Dores.
Acompaña a procesión a Agrupación Musical Virxe da Amargura (Ferrol) e a Banda Municipal de Música de Betanzos. Participarán a soprano Clara Jelihovschi Panas e o pianista David Jelihovschi
SÁBADO SANTO
Sábado 8 de abril de arte y cultura", dixo Jorge Vázquez, presentadas
O VI Ciclo de Música Sacra xirará arredor da sonoridade do órgano e ofrecerá tres concertos con este instrumento como protagonista. As actuacións serán ás 20.30 horas na igrexa de Santiago. O día 2, concerto "Ad organum" co organista Joaquín Barreira. O luns 3, "O eterno retorno" por conta de Glossa Nova. O martes 3, "Il pianto della Madonna" do cuarteto Alicerce coa soprano Rosana Orsini e Marco Brescia ao órgano. Previamente, o 1 de abril na igrexa de San Domingos ás 20.30 horas terá lugar a lectura do Pregón de Semana Santa a cargo da profesora titular de Historia del Arte da USC María Dolores Fraga Sampedro. A Coral Polifónica de Betanzos, organizadora do acto dende fai máis de 50 anos, ofrecerá un concerto trala lectura do pregón.
22:00 h Igrexa das Madres Agostiñas.
23:30 h Igrexa de San Domingos.
PROCESIÓNS
21:30 h SANTO ENCONTRO
Desde a Igrexa de Santa María: pasos de Xesús atado á columna, Xesús Nazareno de Medinaceli e Cristo da Misericordia ou dos Mareantes.
Desde a Igrexa de San Francisco: Paso do Ecce Homo.
Desde a Igrexa de Santiago: Paso da Virxe Dolorosa.
Praza da Constitución: Cerimonia do Santo Encontro.
Adro de Santa María: Cerimonia de Despedida.
Participarán a soprano Clara Jelihovschi
VIXILIA PASCUAL
20:30 h Residencia García Irmáns.
21:00 h Igrexa das Madres Agostiñas.
22:00h Igrexa de San Domingos. Participarán a soprano Clara Jelihovschi Panas e o Coro Madrigalia
DOMINGO DE PASCUA
Domingo 9 de abril
Celebracións da Misa de Pascua
09:00 h Igrexa das Madres Agostiñas.
10:00h Igrexa de Nosa Señora dos Remedios.
11:15 h Igrexa de Piadela.
12:30 h Igrexa de San Domingos.
18:30 h Igrexa de San Francisco.
19:30 h Igrexa de San Domingos.

BETANZOS e a súa comarca · Abril 2023