
4 minute read
POLÍTICO opinión
"Betanzos e a súa comarca" non se responsabiliza das opinións manifestadas polos partidos políticos nesta sección
Cecilia Vázquez ofrece: sentidiño, ilusión, ambición, experiencia y equipo. Apunta la necesidad de promover un cambio en el gobierno local, ya que “Betanzos está regido por un equipo que es líder en disparates y líder en abandono”.
Advertisement
Estamos no final do mandato municipal, é o momento de facer balance destes catro anos de goberno local brigantino, de maioría absoluta do PSOE no goberno.
DEFENDER BETANZOS
É difícil resumir nun artigo como este o traballo desenvolvido desde o grupo municipal socialista durante estes últimos catro anos. Foron anos de intenso labor, marcados por varios aspectos. Primeiro, polos dous anos de pandemia, que cambiaron todas as liñas programáticas de traballo previsto para este mandato; segundo, pola procura e obtención de importantes investimentos, captando cerca de 20 millóns de euros para poder executar actuacións e equipamentos e seguir avanzando nese Betanzos que queremos; e en terceiro lugar por incrementar, aínda máis, todos os programas e axudas sociais. Hai uns días celebramos un pleno no que rendemos conta do grao de cumprimento do noso programa electoral. A día de hoxe reflicte o compromiso deste grupo municipal socialista con Betanzos, coa realización de máis dun 80% das propostas presentadas fai catro anos. Un dato que escoce á oposición, especialmente ao PP, e tamén a algúns e algunhas que en redes sociais pretenden cada día, e só teñen ese obxectivo, minusvalorar o labor e o traballo do PSOE. Quedan dous meses para seguir coa carraca diaria, moi cansina e demagoga. O bo que ten unhas eleccións que están tan próximas é que algúns/as destes/as, que levan meses e meses cunha campaña directa contra o grupo municipal socialista, empezan a sacar a careta para formar parte de candidaturas políticas ou para, sen remilgos, apoiar a partidos políticos, oh casualidade!, contrarios ao PSOE. O cal está ben. Evidentemente cada un defende o que quere defender e pronúnciase como quere pronunciarse, pero se cadra, os comentarios realizados ao longo destes meses e que continuarán de aquí ata as eleccións, se cabe con máis intensidade, teñen a credibilidade e a obxectividade que teñen, é dicir, ningunha. Desde o grupo socialista imos seguir traballando para que Betanzos siga crecendo, siga sendo o referente que é en moitos aspectos, algo que parece que molesta tanto ao PP de Betanzos como ao seu grupo afín de redes sociais; imos seguir captando axudas para desenvolver novos proxectos: no casco histórico; de mobilidade; de equipamentos culturais e administrativos; de instalacións deportivas e de lecer. Imos seguir recuperando patrimonio como fixemos co convento de As Donas; esixindo máis investimentos para O Pasatempo; e imos continuar esixindo o que nos corresponde, especialmente á Xunta, porque parece que aquí o único que está obrigado a investir e executar é o Concello e, evidentemente, estao, pero naquilo que lle corresponde, non en cousas que non son da súa competencia. Non en educación, a pesar de que o está facendo, onde os betanceiros/as seguimos esperando que a Xunta mellore o Vales Villamarín; non en Transporte, onde a Xunta segue sen atender os problemas que se producen día a día nas liñas de autobús; non en seguridade viaria, onde cada día hai máis problemas en boa parte dos núcleos urbáns por onde pasan estradas competencia da Xunta; non na pranta de tratamento de auga; non no plan de saneamento.... e así poderíamos seguir enumerando.....
E si, mal que lle pese a moitos, imos seguir investindo no social, duplicando o investimento en programas e axudas sociais, para distintos colectivos que teñen dificultades; para os comercios e empresas; para que as asociacións e entidades poidan continuar co seu labor; para os nosos maiores; para os nosos estudantes; para manter programas como o Servizo de Axuda a Domicilio, o transporte adaptado, o xantar na casa, o comedor escolar o programa de madrugadores ou, por exemplo, a dotación de medios técnicos para que os estudantes teñan igualdade de oportunidades. En definitiva, seguiremos a defender Betanzos por encima de todo; a impulsar proxectos; a incrementar as políticas sociais. E non, non imos renunciar aos principios básicos, a aquelas cuestións que marcan a política socialista e, en especial, a do PSOE de Betanzos.
PULSO de
CIUDADANOS EXIGEN
ACCIONES INMEDIATAS ANTE
LA CRISIS QUE AFECTA A LOS SOPORTAIS DA FONTE DE UNTA
A través de este medio, nos dirigimos a la Alcaldesa, al Concejal de Seguridad y a los Oficiales al mando de las Fuerzas del Orden, en nombre de los vecinos y comerciantes de la calle Soportais da Fonte de Unta de la ciudad de Betanzos para expresar nuestra preocupación por la situación actual de nuestro barrio. La calle Soportais da Fonte de Unta es una de las más antiguas y emblemáticas de la ciudad de Betanzos. Desde
UN BETANZOS HECHO ENTRE TODOS Y TODAS
Para cambiar esta deriva, el Partido Popular se ofrece como alternativa. Desde el PP ofrecemos un proyecto para Betanzos y queremos que nuestro municipio sea relevante en presente y futuro”. Para conseguirlo necesitamos el apoyo de todas y cada una de las personas que creen en Betanzos como alternativa constructiva al gobierno actual.
Cecilia quiere ser alcaldesa de un Betanzos en el que cada persona cuente. Un Betanzos pensado y construido, entre todos, para los más pequeños, para los mayores y para los jóvenes. Un Betanzos capaz de poner en valor su patrimonio y de atraer todas aquellas iniciativas que generen trabajo y riqueza.
Un proyecto ambicioso, al frente del cual estarán personas con capacidad para llevarlo a cabo. Personas con conocimientos, con vocación de servicio y leales. El de un Betanzos hecho entre todos y todas y con un sitio para cada persona.
Es evidente que algunos de nuestros vecinos y vecinas han apoyado otras opciones políticas en el pasado. Ahora, les pedimos humildemente su confianza. Nosotros cumpliremos con Betanzos. Palabra.