9 minute read

Momento decisivo para o Troula FS Betanzos

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

REDACCIÓN/ Deportes

O Troula FS Betanzos parece atopar por fin o que tanto leva buscando durante toda esta tempada: a regularidade. Catro vitorias consecutivas, ante Castroverde FS, PM Friol Concello de Friol FS, 5 Coruña FS B e SDC e R Narón O Freixo, permiten ao equipo de Gabi Bas consolidarse no terceiro posto e non abandonar a loita polas dúas primeiras prazas que dan o ascenso a Terceira División.

Advertisement

Por diante un mes de abril con tres partidos moi complicados, sobre todo o do 23 de abril, recibindo na casa ao actual segundo clasificado, Grupo Forma-T Vilalba FS B. Queda tamén por completar o partido ante o FS Pontedeume que se suspendeu cando restaban 11 minutos e o marcador sinalaba un 1-0 en contra dos betanceiros. E todo iso a pesar de que as lesións están a marcar o devir de adestramentos e partidos e que impiden a disponiblidade completa do plantel.

Categorías base

Polo que se refire á base do Troula FS Betanzos, o equipo xuvenil ocupa a segunda praza da súa clasificación despois de gañar todos os partidos disputados no mes de marzo. Unha segunda posición que lle dá dereito a xogar a fase de ascenso a liga galega, á que acceden os tres primeiros clasificados, aínda que lle esperan, no calendario de abril, o primeiro clasificado, Hércules FS que conta todos os seus partidos por vitorias, e o terceiro clasificado, Club do Mar.

Na categoría cadete, a falta de 3 xornadas para o final de liga e despois da última vitoria na que o equi-

Serie de sete vitorias consecutivas para o Betanzos CF

REDACCIÓN/ Deportes po saíu do descenso, todo decidirase en dous partidos, ante O Parrulo na casa e Begonte fóra, dous rivais implicados tamén no descenso. Aí decidirase o ser ou non ser en galega.

O equipo infantil terminou a liga acadando o subcampionato e comezou a competición de Copa mentres que o infantil B, que participa na liga Xogade, podería xogar o campionato galego Xogade de manter a primeira praza a falta de dous partidos de liga. Nesta categoría destacar que o polideportivo municipal de Betanzos acollerá o Torneo de Semana Santa o venres 7 e o sábado 8 de abril.

Os alevíns alzáronse co título de liga e consecuente ascenso a liga galega, gañando todos os partidos da competición. Pola súa banda, o benxamín A finalizará terceiro, o benxamín B mantén a súa progresión e segue crecendo xornada a xornada e o benxamín C liga Xogade ocupa a segunda praza que dá acceso ao campionato galego Xogade.

Por último o prebenxamín pode proclamarse campión de liga o 1 de abril e disputar o campionato galego.

Calendario abril

1 de abril:

Troula Betanzos FS

CP Casás 15 de abril:

Jogafan Órdenes

Troula Betanzos FS 22 de abril:

Troula Betanzos FS

Grupo Forma-T Vilalba FS B

6 de maio: Os Meigallos

O Betanzos CF parece estar no seu mellor momento da tempada. Habería que remontarse ao 15 de xaneiro para lembrar a súa última derrota. Desde entón, 28 puntos de 30 posibles que lle permiten recuperarse do único momento de debilidade da tempada vivido a finais do pasado ano. No que vai de segunda volta tan só o empate a un en Ordes prívalle do pleno de triunfos. E todo iso a pesar das numerosas baixas por lesión que non permitiron a Noé López ter á súa disposición á totalidade da plantilla. Na parte positiva, a regularidade goleadora de Juan de Dora, máximo artilleiro da categoría con 20 goles en 27 partidos, complementada coa achega de Murilo e os seus 14 goles, a irrupción con artilleiro de Xusto e os goles decisivos de Dani Pájaro, permitiron manter ao equipo vivo na parte alta da clasificación, na terceira posición. Só a regularidade dos dous primeiros, SD Sarria e CF Noia, distanciados en 8 e 7 puntos respectivamente e que non frean o seu ritmo, impídelle alcanzar as dúas prazas directas de ascenso.

Destacar o duelo ante o San Tirso SD no Municipal betanceiro decidido por un solitario gol de Dani Pájaro nos últimos compases do primeiro tempo. Na xornada 27 o equipo desprazouse ata as terras lucenses

T AEKWONDO

O Han's Horang-i logra 27 medallas no II Open Alda Sada Marina

REDACCIÓN/ Deportes

O club Han's Horang-i de Betanzos obtivo 27 medallas no II Open Alda Sada Marina de técnica e freestyle no que participaron 430 deportistas de 13 clubs galegos. Como equipo quedaron segundos tanto en categoría poomsae como na clasificación xeral. O clube participou en individual, parellas e tríos. Conseguiron a medalla de ouro: Ana Llin Shin Veiga, Jessy Sun Shin Veiga, Ainara Ruzo García, Darío Mosquera Beceiro, Vladimir Zapparov, Yassine Daha e Miguel amado Martínez. Obtiveron a prata:Julián Pumar Rogríguez, Alejandra Fernández Núñez, Altair lamas Hernández, Vega ferreño Gómez, Iván

REDACCIÓN/ Deportes de Monforte para enfrontarse ao Lemos. Un partido que se puxo de fronte no seu inicio co temperán gol de Juan de Dora no minuto 5 e que rematou Xusto no 89. Na última das xornadas disputadas o equipo recibiu a visita do CD As Pontes que loita para manter a categoría. Cando o empate a un gol parecía que sería definitivo, un gol de Dani Pájaro na última xogada deixou os tres puntos no García Irmáns. Non houbo nin ocasión de sacar de centro, o partido finalizou cos xogadores celebrando o gol.

Unha vintena de deportistas do club CrossFit Betanzos participaron no Open CrossFit 2023, que comezou o pasado 13 de febreiro e acaba de rematar, sendo o betanceiro o box con más participación da zona da Coruña.

O equipo entra agora na fase decisiva con duelos ante rivais directos, enfrontándose ao longo deste mes aos dous primeiros así como aos seus dous perseguidores (CD Boiro e SD Dubra) e, en todos os casos, faino como visitante. Unha proba de lume que deixará practicamente definida a parte alta da táboa e as opcións da tempada.

Calendario abril

2 de abril:

SD Dubra - Betanzos CF

6 de abril:

Betanzos CF - Sigüeiro FC

9 de abril:

SD Sarriana - Betanzos CF

23 de abril:

Betanzos CF - SD O Pino

30 de abril:

CF Noia - Betanzos CF

Esta é a primeira vez que o club, con algo máis dun ano de existencia, participa neste campionato. Os atletas de Betanzos lograron excelentes resultados con varios dos seus deportistas no máis alto do podium nacional, europeo e mundial.

Dani de la Torre, un dos adestradores do clube, clasificou para a seguinte fase na categoría máis alta.

As atletas Ana Hernández e Marta Lata foron campioa e subcampioa de España, respectivamente, na súa categoría 45-49.

Lucía Casal, en categoría 15-16 women foi campioa nacional, europea e mundial.

Carmen Encinas foi campioa nacional, europea e mundial en categoría 60-64.

Rodrigo Grela Regos foi campión nacional, cuarto de Europa e 5º a nivel mundial e Javier Rus e Fernando Lata foron subcampión e terceiro posto nacional, respectivamente, e ambos os dous entran no top ten mundial en categoría Foundations.

Os responsables do clube, Alex e Dani de la Torre, agradeceron aos atletas a numerosa participación neste circuito e a boa acollida que tivo entre eles esta competición, a de máis sona dentro da disciplina CrossFit.

Pena Pérez, Samuel Crespo Valiño, David Xiao Novo de León, Vladimir Zapparov, Ariel Menéndez Cortés, Avaro Edreira Rilo e Hugo Quintián Cupeiro. Conseguiron o bronce: Samuel Crespo Valiño, Iván Pena Pérez, Jesús A. González Sánchez, Hugo Ferreño Gómez, Gabriel Núñez González, Ainara Ruzo García, Ainara Fernández Carro e Martina Penedo Feijoo. Alejandra Fernández Núñez obti- vo un quinto posto. Como novidade celebrouse un Duelo Protec, un enfrotnamento entre campións das categorías individuais. O campión masculino frente a campioa feminina na súa categoría. Ana Llin Shin Veiga gañou este enfrontamento. Ivonne rizo Savelkouls e Luís Alberto Castro Rodríguez foron árbitros colaboradores da organización.

BETANZEANDO POR... OS GREMIOS DA CIDADE

Como vila primeiro e logo cidade Betanzos contaba con varios gremios de traballadores. Pero, que era un gremio? Segundo a definición do dicionario da RAG, o gremio é unha asociación de persoas do mesmo oficio organizadas para defender os seus intereses profesionais. Tamén aparecen as confrarías que ademais teñen un carácter relixioso posto que contan con santos ou santas patróns. Tiñan moita importancia no que se refire á vida diaria da cidade e, por suposto, moito poder. A proba máis sinalada da súa importancia en Betanzos é que se conservan aínda as danzas de 4 gremios: mareantes, labradores, zapateiros e alfaiates que veñen da Idade Media e perviven na cultura local.

Nun lugar como Betanzos contamos tamén con moita documentación, marcas e costumes gremiais. Pódese polo tanto facer un percorrido na procura destes. Quizais o elemento máis notable sexa a pervivencia dos nomes das profesións no rueiro: Ferreiros, Prateiros, Ouro, Pastelería, Cortadoría ou Pinche son algúns destes exemplos.

Pero o mellor recordo (aparte das xa comentadas danzas) son as marcas gremiais que aparecen por Betanzos e que permiten facer unha procura do ”tesouro” polas rúas, igrexas e edificios da cidade.

- Os Mareantes : Teñen como patrón a San Miguel Arcanxo, na igrexa de Santa María do Azougue. Hai un documento de 1580 no que se fala da danza de arcos como un antigo baile que pervive! A súa simboloxía é moi evidente: trátase de peixes (fachada de San Francisco, contrafortes de Santa María) e tamén barcos, destacando os dous que se poden ver en Santa María, un nun contraforte que dá ao xardín e o fantástico gravado na ábsida do templo que representa un barco tipo “cog” ou “coca” de procedencia nórdica e que viría ao porto de Betanzos en busca de sal. Esta embarcación era un símbolo de poder e de protección ante a Virxe.

- Labradores : O patrón é San Antonio, na igrexa de Santiago. A pesar de que os campesiños serían con toda probabilidade un dos grupos máis numerosos da cidade só atopamos imaxes no capitel do calendario agrícola de Santa María e un fouciño nun dos arcos desta igrexa.

- Zapateiros: O seu patrón é San Pedro, na igrexa de Santa María (a destacar o retablo recentemente restaurado). Non aparecen símbolos de solas como noutros lugares de Galicia pero sabemos que axudaron á construción do templo.

- Alfaiates ou xastres: É o gremio máis antigo de Betanzos posto que teñen estatutos do gremio fundado en 1162 en Betanzos o Vello. É o máis antigo dos reinos hispánicos. Aparte de conservar as súas danzas, as súas marcas, tesoira e vara de medir, aparecen nas tres igrexas góticas. O seu patrón era a Santísima Trindade na igrexa de Santiago.

Os outros oficios conforman un gremio mixto co nome de Confraría de Nosa Señora do Rosario, no Convento de San Domingos, a

Microhistorias da @BAMbetanzos

A Memoria Do D A A D A

[Ángel Arcay Barral - Director da Biblioteca Municipal, do Arquivo e do Museo das Mariñas]

Coincidiredes conmigo, sobre todo se estades lendo este pequeno texto, que a importancia do noso pasado non reside -toda- nas grandes xestas dos Andrade, na influencia dos García Naveira ou na exuberancia dos nosos templos. Por sorte, moitos estamos convencidos niso de que “estamos feitos de historias” e no caso betanceiro a nosa historia está feita de milleiros de pequenos sucesos, de personaxes anónimas e das súas aventuras no día a día da cidade.

Por iso, cando morre unha persoa, cando pecha un comercio ou cando desaparece unha construcción, somos conscientes de que estamos perdendo un trociño da nosa identidade, da nosa historia, ao mellor non da que sae nos libros, pero si da que conforma unha das pequenas partes que nos fai coma un todo, que nos constrúe como cidade.

Neste pasado mes de marzo foron varios, e moi emblemáticos, os locais que pecharon as súas portas. Comercios que levaban medio século recopilando capítulos da nosa historia local. Tratando de averiguar ata que punto perderíamos un pedaciño da nosa memoria co seu peche, quixemos saber que se conservaba no Arquivo Municipal de Betanzos para reconstruír a súa existencia dun deles e, por desgraza, non nos parece suficiente a información que atesouramos en comparación cos centos de aventuras que poderían pasar a diario neste establecemento.

Soubemos, por exemplo, que non sempre estivo no mesmo lugar, e tivo que ser trasladado cando perdimos a vella Ponte Nova. Que o seu nome non se debe a ningunha das mulleres que o atendeu, e que foron varias, senón a un antigo tendeiro do Gato Negro -outro comercio tradicional que sigue rondando na nosa memoria colectiva- que solicitou os permisos para que o xestionase a súa muller. Ademais podemos ir vendo, co paso dos anos, as diferentes melloras que se foron facendo no local que tiñan en aluguer, apreciando bosquexos, memorias e algunha fotografía.

Sabes cal é este local da imaxe?

O cambio da porta, a creación de escaparates ou a colocación dun toldo permítenos ir coñecendo a evolución dun lugar que durante anos foi enchendo de vida a súa rúa, chegando incluso a darlle nome -sen necesidade de placas, estatuas ou homenaxes- a unha das calellas cercanas.

Agora co seu peche Betanzos perde un cachiño de historia, que para moitos non sería un feito a destacar pero que no fondo sabemos que cando Ana tirou pola porta o último día, deixou atrás unha parte moi importante da nosa memoria, a que construimos, día a día, veciños anónimos e que é o que realmente fai grande a esta cidade.

Sabedes de que local estamos a falar?

This article is from: