6 minute read

A Xunta prevé entregar este verán 6 novas vivendas protexidas en Betanzos

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

REDACCIÓN / Betanzos

Nacho de la Fuente durante o acto de homenaxe a seu pai, Vicente de la Fuente, o pasado 25 de febreiro / FOTO ARUME

Advertisement

Pesar en Betanzos polo pasamento do xornalista Nacho de la Fuente

REDACCIÓN / Betanzos

O repentino falecemento de Ignacio de la Fuente Lago (Betanzos, 1967), o pasado 24 de marzo, causou un fondo pesar na súa cidade natal. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, era redactor de La Voz de Galicia dende 1999, tras pasar pola redacción de El Ideal Gallego, entre 1990 e 1995, e pola delegación de El Mundo en Galicia.

Especializado en novas tecnoloxías e redes sociais, foi considerado como un pioneiro do xornalismo dixital e o seu blog "La Huella Digital" foi recoñecido con varios premios.

Colaborou con "Betanzos e a súa comarca" durante o ano 1999 e foi o artífice dun cambio importante no deseño e na estratexia de traballo do xornal. Dende o equipo de "Betanzos e a súa comarca" trasladamos as nosas condolencias á familia.

A Xunta ten previsto entregar este verán 6 novas vivendas protexidas en Betanzos ao abeiro do programa Rexurbe, tal e como avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha recente visita á cidade. As vivendas están localizadas nos números 9 e 13 da rúa da Cerca; no 75 da rúa Nova e no 17 da rúa Torre. Estas, xunto coas outras catro que xa foron entregadas en setembro, converten a Betanzos no concello con máis vivendas adxudicadas dentro do programa Rexurbe, tal e como explicou a conselleira.

Este programa é unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) mediante a que a Xunta merca inmobles deteriorados ou en estado de abandono para recuperalos e destinalos a alugueiro social.

Vázquez explicou que está pen-

O Vales Villamarín programa un ciclo de charlas dentro dos actos do seu 50 aniversario

REDACCIÓN / Betanzos

O CEIP Francisco Vales Villamarín prosegue coa conmemoración do 50 aniversario da súa fundación e programa para o mes de abril un ciclo de charlas abertas á cidadanía mentres dá forma a outras actividades que se desenvolverán ata o remate do curso escolar.

As conferencias serán ás 20.00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns, no Edificio Arquivo (Liceo) e a entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.

O ciclo comeza o xoves 13 de abril cun recordatorio da vida e obra de Francisco Vales Villamarín por conta de Alfredo Erias e

RACIONES · HAMBURGUESAS ENSALADAS · BOCATAS

Suso Torres. O acto contará coa actuación musical dun grupo de exalumnas do centro.

A seguinte ponencia será o xoves 20 de abril, na que Eduardo Fuentes Abeledo falará sobre a evolución do sistema educativo español. Nesta ocasión actuará Picar@s, repolud@s e silandeiras da Escola de música e baile tradicional de Coirós.

Pechará o ciclo unha mesa redonda o xoves 27 de abril na que participará o actual director do centro, Alejandro Sánchez Amado, e directores de etapas anteriores que falarán dos 50 anos do centro. Nesta última charla actuará o monologuista David Noya.

¿QUIERES VENDER O ALQUILAR TU PROPIEDAD?

- Valoración gratuita

- Técnicas de marketing avanzadas

- Gestión integral

Aconselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou as obras realizadas en Betanzos dente a adxudicación doutros cinceo inmobles, que se realizará cando finalicen os trámites adiministrativos en curso, outros seis están en obras e dous están pendentes de que se licite a obra de rehabilitación. A conselleira subliñou que en Betanzos hai 17 edificiacións rehabilitadas ou en proceso de restauración, o que permitirá ofertar 22 vivendas protexidas e 3 locais comerciais.

O Concello de Betanzos colocou un "Muíño roxo" na praza Natalia Jiménez de Cossío en recoñecemento ao emblemático establecemento hostaleiro que cumpriu 50 anos de historia. No acto, a alcaldesa, María Barral, subliñou o carácter emblemático do establecemento: "Este muíño roxo lembrará que a carón do Mendo naceu un deses locais que forman parte xa da historia de Betanzos, tres xeracións dunha mesma familia rexentando o negocio dende 1966 ata hoxe", dixo. Lembrou tamén o traballo das tres xeracións, con Paco Casal á cabeza, o seu fillo Jose e a súa muller Mari, e o seu neto Samuel: "Sen esquecer a unha persoa que

A alcaldesa, María Barral, xunto ao fundador do "Muíño Roxo", Paco Casal, o seu fillo Jose e o seu neto Samuel deixou unha pegada inesquecible para todas as persoas que a coñecimos, a muller que foi corazón e alma do Muíño Roxo, Elena López Carro (esposa, falecida, de Paco Casal)", dixo.

HAZ MÁS GRANDE BETANZOS A TRAVÉS DE SU SEMANA SANTA

COLABORA:

MENÚ DEL DÍA

Medio menú 12€10€

PINCHOS TODOS LOS DÍAS CON CADA CONSUMICIÓN De lunes a viernes [con postre o café]

Carta variada

Chipis, pulpo, tortilla, ensaladilla, raxo de cerdo, zorza, secreto ibérico al horno, croquetas de calamar en su tinta, croquetas de cecina...

Rúa Venezuela 44 · BETANZOS · 981 77 23 38

Buscamos camarer@ para comedor y ayudante de cocina para jornada completa

- Alquiler: posibilidad de recibir tu renta el día 1 de cada mes, pague o no el inquilino

DITA CONSULTORA INMOBILIARIA 661 381 378 www.ditadiaz.exp-spain.com @dita.inmo

COFRADÍA DE SEMANA SANTA DE BETANZOS

- Activamente: 606309930

- Económicamente: ES15 2080 0018 0830 4002 8270

- BIZUM: 06628

Muchas gracias

A alcaldesa, María Barral, e concelleiros e concelleiras da Corporación acompañaron ás empresarias que recibiron o distintivo Muller Emprendedora 2022 / FOTO ARUME

O Concello premia a 13 mulleres co distintivo Muller Emprendedora 2022

REDACCIÓN / Betanzos

O Concello de Betanzos entregou os distintivos Muller Emprendedora 2022 a 13 mulleres que inciaron a súa actividade empresarial o pasado ano. As galardoadas foron as titulares dos seguintes establecementos:

O alumnado de Atocha matriculado en STEMBac remata o curso coa presentación dos proxectos de investigación

REDACCIÓN / Betanzos

O alumnado do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen-Atocha de Betanzos matriculado no Bacharelato de excelencia STEMBac remata o curso coa presentación dos seus proxectos de investigación, todos eles tutelados dende a Universidade da Coruña.

As temáticas dos proxectos foron variadas, como a presenza dun xen nun microorganismo; a fabricación e caracterización de compostos biopoliméricos para biomedicina; a análise dos procesos de tratamento e depuración de augas potables e residuais ou como crear

El rincón de Eli, Mithra, Mesón Avenida, Café Bar Paxeiro by Jenny, Café Bar A Balteira, axencia de viaxes Kenlu Travel Carrefour, Dyleri, Anecuza, Shoes and Bags, estudo de debuxo e pintura María Barbeito, axencia MG Seguros, Garasaúde e Naturalísima.

Con esta iniciativa, que se enmarca nos actos do Día da Muller, o Concello busca tamén "crear un espazo de encontro e apoderamento feminino de cara a establecer futuras sinerxias e colaboracións ente as propias emprendedoras", dixo a alcaldesa, María Barral.

O alumnado matriculado en STEMBac de Atocha presentou os seus proxectos de investigación unha empresa vencellada á economía circular e de proximidade analizando a viabilidade dunha iniciativa empresarial.

O STEMBac é un proxecto baseado na investigación como principio esencial, realizando prácticas para coñecer as aplicacións xerais da ciencia e da técnica. Trátase dunha opción voluntaria á que pode acceder calquera alumno de Bac.

A Deputación convoca o XVIII

Premio Jesús Núñez de arte gráfica

Está dotado con 6.500 euros e o prazo de admisión de traballos estará aberto entre o 2 de maio e o 30 de xuño

REDACCIÓN / Betanzos

A área de Cultura da Deputación da Coruña acaba de convocar o XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, dotado con 6.500 euros e unha exposición na Fundación CIEC para a obra gañadora. Ademais, concederanse dous accésits consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido polo CIEC.

O prazo de presentación de traballos estará aberto entre o 2 de maio e o 30 de xuño e poderán optar ao certame todas as persoas maiores de idade que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso.

Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.

As bases da convocatoria están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 27 de febreiro e poden consultarse na páxina web da Deputación.

A gañadora do anterior certame foi a artista Myriam Gesalaga Eizagirre, coa obra "Ikatz/Harri II".

La Unidad Pastoral de Betanzos y el Arzobispado de Santiago organizan un Aula de teología sobre Benedicto XVI

REDACCIÓN / Betanzos

La figura de Benedicto XVI será el eje central del Aula de teología que la Unidad Pastoral de Betanzos y el Arzobispado de Santiago de Compostela organizan en la ciudad en el mes de abril.

Las ponencias serán a las 20.30 horas en el Aula de Cultura Xulio Cuns del Edificio Archivo. La primera será el viernes 14 de abril a cargo del Arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio y tratará sobre la vivencia pastoral de Benedicto XVI en Santiago de Compostela.

La segunda será el viernes 21 de abril y lleva por título "Benedicto XVI. La música, una verdad en su vida". Será impartida por Maximino Zumalave Caneda, miembro de la Real Academia Galega de Belas Artes.

Cierra el ciclo el ex-embajador de España en la Santa Sede, Francisco Vázquez Vázquez, el viernes 28 de abril con la ponencia titulada: "Benedicto XVI. Mirada de un embajador".

This article is from: