
7 minute read
Ángela Fernandez Gómez, de La Casilla, recibe o premio Úrsula Meléndez de Texeda
á fronte do emblemático restaurante
REDACCIÓN / Betanzos
Advertisement

Ángela Fernández Gómez, propietaria do Restaurante La Casilla, recibiu de mans da alcaldesa, María Barral, o Premio Úrsula Meléndez de Texeda que o Concello outorga no marco dos actos de conmemoración do Día da Muller.
Trátase do premio pola igualdade máis importante do Concello, tal e como salientou María Barral, co que a Corporación recoñece a labor colectiva ou individual das mulleres que coa súa actividade, persoal ou profesional contribuiron a fomentar a igualdade de xénero en Betanzos. O acto de entrega do premio celebrouse o domingo 12 de marzo no Restaurante La Casilla, e a galardoada estivo acompañada pola súa familia e polos integrantes da Corporación municipal.
María Barral destacou a traxectoria da premiada, "unha muller traballadora que leva décadas á fronte dun dos restaurantes máis emblemáticos e cuna do que hoxe en día é o produto gastronómico de Betanzos, como é a tortilla de patacas, estilo Betanzos", dixo, e subliñou que o establecemento fixo da tortilla o seu emblema, sobre o que cimentou a a súa fama.
Barral salientou que Ángela Fernández Gómez "mantivo unha esencia especial desde que se puxo á fronte dos fogóns a principios da década dos 90, mantendo durante estes anos a tradición nun establecemento familiar ao que adicou horas e horas cada día, converténdose nun referente e exemplo tamén para outras moitas mulleres do municipio", afirmou.
A alcaldesa recoñeceu que este "é un máis que merecido homenaxe a unha muller que sempre, sempre tiña e ten un sorriso para todo o mundo".
C OIRÓS
O alcalde de Coirós, Francisco Quintela, presidiu o acto de homenaxe aos integrantes das diferentes corporacións democráticas
Coirós homenaxeou aos 36 integrantes das diferentes corporacións democráticas
REDACCIÓN /Coirós
O Concello de Coirós celebrou un acto de homenaxe ás 36 persoas que durante o periodo democrático formaron parte das diferentes corporacións municipais. O alcalde, Francisco Quintela, entregou aos ex-concelleiros e ex-concellei-
B Ergondo
REDACCIÓN /Bergondo
O Concello de Bergondo sacou a licitación o proxecto de renovación da rede de abastecemento da rúa Parroquia de Ouces, no polígono industrial, no que se investirán algo máis de 217.000 euros. As obras forman parte do plan municipal para resolver as roturas da rede que se produciron nos últimos anos.
O presidente e o vicepresidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso e César Longo, acompañaron aos representantes das empresas turísticas certificadas coa marca da Reserva en Biocultura
A Reserva de Biosfera distingue
ras e aos familiares dos falecidos unha medalla conmemorativa. Quintela subliñou que "en Coirós hasta el momento la política no se ha profesionalizado, todos los miembros de la corporación lo han sido con una entrega al progreso de Coirós y a sus vecinos y vecinas", dixo.
A Xunta e o Concello destinan 125.000 euros á humanización do núcleo de Casal-Combarro
REDACCIÓN /Coirós
A Xunta de Galicia e o Concello de Coirós destinarán máis de 125.000 euros á humanización do núcleo rural histórico-tradicional de Casal-Combarro, na parroquia de Santiago de Ois, trala sinatura dun convenio de colaboración entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,

Ángeles Vázquez, e o alcalde do municipio, Francisco Quintela. As obras acometeranse ao abeiro do plan Hurbe e están orientadas a mellorar a rede viaria do núcleo e os espazos públicos de reunión. O proxecto inclúe actuacións como o tratamento integral da vía, a xestión de residuos e a limpeza de vías e espazos públicos.
Ademais da renovación das tubaxes nun tramo de 268 metros, renovaranse os nudos de distribución coas rúas Parroquia de Lubre, Parroquia de Cortiñán e Parroquia de Rois. Unha vez que rematen os traballos procederase tamén á renovación do firme afectado.
Comezan as obras da senda peonil entre Guísamo e Cambre
REDACCIÓN /Bergondo
As obras de construción dunha senda peonil na estrada AC-214 entre a parroquia de Guísamo e o límite de Cambre comezaron a mediados de marzo. Trátase dun proxecto demandado polos veciños e veciñas desde fai tempo, tal e como subliñou a alcaldesa, Alejandra Pérez, quen destacou que a intervención mellorará a seguridade viaria. Os traballos teñen un orzamento de case 400.000 euros e están financiados con fondos municipais e con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación.
S Empresas Tur Sticas Certificadas Coa S A Marca
A Reserva de Biosfera entregou ás empresas turísticas do seu territorio as distincións de Marca de Calidade da entidade e dentro do Sistema de Calidade Turística, SICTED.
Na categoría de restaurantes foron distinguidos: A artesa da Moza Crecha, Casa do Queixo, Casanova, Cho, Os Arcos, O Pasatempo, San Andrés e Vega (Betanzos); Casa Beade e Casa de Sixto (Paderne); Brasa de Beche, Mesón Museo Xente no Camiño, O Pantano (Abegondo); La Paz (Coirós); O Garfo (Irixoa); El Moderno, a Rectoral de Cines e Terranova (Oza Cesuras) e San Isidro (Bergondo), entre outros.
Na categoría de aloxamentos figuran Beche EcoCamp (Abegondo); Casa de Sixto (Paderne); Hostal Pórtico (Betanzos); Casa Savi e Hotel La Terraza (Miño); Terranova e a Rectoral de Cines (Oza-Cesuras).
En empresas náuticas A-02
Velas de Perbes-Miño e MarMar Outdoor de Paderne, entre outras.
Na categoría de agroturismo Adega Beade, Granxa Cagiao e Orballo (Paderne), Adegas Bordel e Lutega (Abegondo), Bodegas Rilo (Bergondo), Da Terra (Miño) e Granxas Lousada (Irixoa).

Entre as empresas de actividades turísticas foron distinguidas: Compás Proxectos, Zafiro Tours, 77 Turismo Betanzos e Manuel Vicente Rial Ces (Betanzos); Ribeirán (Bergondo); Sendeiro, Ocio e Deporte (Abegondo); Worknature (Miño) e Autocares Vázquez (Oza-Cesuras).
Os encargados de facer entrega dos diplomas foron o presidente e o vicepresidente da Reserva, José Antonio Santiso e César Longo, e o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. O acto celebrouse no marco da feira Biocultura que se desenvolveu a principios do mes de marzo en ExpoCoruña.
FUNERARIA y VELATORIOS
La Merced
ASESORAMIENTO PERSONALIZADO EN BETANZOS Instalación de sistemas eléctricos Reparaciones o mantenimientos de electricidad Instalación de sistemas de calefacción Instalación de telecomunicaciones Domótica en viviendas
SERVICIOS PARTICULARES Y DE CUALQUIER COMPAÑIA

Si Ud. tiene una póliza, sea de la compañía que sea, Ud. puede elegir su servicio y si tiene alguna duda o necesita de nuestro servicio, llámenos
NUESTRO TELEFONO PERMANENTE ES EL 981 79 20 28 ESTAMOS PERMANENTEMENTE A SU DISPOSICION VELATORIOS
C/ La Marina, 80 (Paseo del Malecón) - BETANZOS - Telf. 981 771306 www.sementeirabetanzos.es C/Doctor José Fariña, 6 bajo


REDACCIÓN /Paderne
O Entroido de Samede ocupou un lugar destacado dentro da Feira Biocultura que se celebrou en ExpoCoruña os días 3, 4 e 5 de marzo, como representación do único entroido tradicional da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. No acto de presentación, o alcalde de Paderne e vicepresidente da Reserva, César Longo, salientou "o labor e o empeño


C Omarca
O GDR Mariñas
Betanzos participa na Asemblea da Rede Española de Desenvolvemento Rural
REDACCIÓN /Comarca
O Grupo de Desenvolvemento
Rural (GDR) Mariñas Betanzos participou na Asemblea da Rede Española de Desenvolvemento
Rural (REDR) que se celebrou os días 22 e 23 de marzo en Toledo. Mariñas Betanzos estivo representado polo presidente e alcalde de Abegondo, José Antonio San-
O alcalde de Paderne, César Longo, xunto aos integrantes da asociación Entroido de Samede trala presentación en Biocultura que puxeron os integrantes da asociación para que este magnífico traballo de recuperación saíse adiante".
Despois da presentación, o grupo estivo animando tanto no propio stand da Reserva de Biosfera como por todo o recinto.

O proxecto de mellora da conexión da N-651 coa AP-9 terá un orzamento de 6 millóns de euros
REDACCIÓN /Miño
O proxecto de mellora da conexión da N-651 coa AP-9 contará cun orzamento de case 6 millóns de euros e está concebido para mellorar a seguridade viaria, desconxestionar o tráfico e evitar a circulación de vehículos pesados polo centro do núcleo urbán de Miño.
O presidente e o vicepresidente do GDR Mariñas Betanzos, José Antonio Santiso e César Longo, na Asemblea da REDR en Toledo tiso, e polo vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo. A Asemblea reúne a expertos, institucións e representantes de

Grupos Leader de toda España, impulsores do desenvolvemento económico das comarcas que representan.
O novo enlace dará maior fluidez ao tráfico entre a autopista que conecta con Ferrol e a estrada nacional, permitindo alixeirar o tránsito polo núcleo urbán e permitirá facer todos os movementos de tráfico entre a AP-9 e a N-651, independentemente do sentido da marcha evitando as frecuentes conxestións que se producen principalmente no verán.
Así o explicou o alcalde do municipio, Manuel Vázquez Faraldo, durante a presentación do proxecto o pasado 25 de marzo á que asistiron o delegado do Goberno, José Miñones, a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas, e o xefe da Demarcación de Carreteras, Ángel González del Río.
B Aloncesto
Relevo xeracional para o Santo Domingo
REDACCIÓN/ Deportes
Fóra de que algún deles xa participou puntualmente en categorías superiores (tanto en EBA coma en Primeira Nacional ou en Terceira), os xogadores que han tomar o relevo xeracional no Santo Domingo Betanzos forman parte xa dalgún dos equipos júnior do club. Así, xunto ao júnior feminino, sobre o que xa informamos en números anteriores, a entidade betanceira conta con dous equipos masculinos, o 05 e o 06, dirixidos, respectivamente, por Javier Codesido e Felipe Avataneo. Se os primeiros quedaron quintos con 8 vitorias e 8 derrotas na Liga regular A de Coruña-Ferrol-Lugo, á espera de disputaren a copa, os segundos xogarán a fase final, previa á de ascenso, logo de gañar 15 partidos e perder un só. Cabo deles, moitos xogadores en primeiro ou segundo ano sénior forman parte do Santo Domingo B, dirixidos por Lalo Golpe, equipo que disputa a liga de Primeira Nacional por segunda temporada consecutiva. Dende a directiva do club destacan o enorme esforzo que realiza a entidade para poder dar continuidade a xogadores que deixan atrás as categorías de formación mentres non dan o salto ao primeiro conxunto e a importancia que teñen, tanto a nivel estrutural coma deportivo,
O Club Atletismo
Betanzos pecha marzo co debut da sección de Montaña
REDACCIÓN/ Deportes
Os nenos e nenas das escolas do Club Atletismo Betanzos comezaron a competición en probas en pista nas Pistas de Atletismo-UDC A Coruña, para as categorías benxamín, alevín e infantil.
O mes de marzo foi intenso en canto a actividade, con competicións durante as fins de semana tanto na provincia da Coruña como en diferentes lugares de Galicia.
Foi o mes do debut da sección de montaña que participou en varias competicións: na primeira proba da Copa galega de Trail en Mondoñedo, na Toxiza, no Trail Cova da Bruxa, no Trail polas Cabeceiras do Anllóns, no Trail Couzadoria e no Kangas Mountain, en Asturias.
En asfalto participaron na carreira da Torre do Corre Coruña. Os bos resultados acompañaron en todas as probas nas que participaron con podiums de José Ángel, Pablo Teijo, David Alonso, Alberto Abeal, Vanessa Mella e grandes resultados de Inma, Ana, Nuria, Marta, Eva, Sara, Lucía, Natalia, Patricia, Jose, Alex, Luis, Antonio e Jose Manuel.


Ademais, colaboraron coa asociación Climbatic nunhas xornadas de limpeza, como parte do estes equipos nunca suficientemente valorados.
Resultados dispares para os conxuntos do club
Por outro lado, este mes de febreiro -no que comezan e finalizan diversas fases da competicióndeixan resultados e clasificacións de todo tipo. Se os EBA afrontan os últimos partidos de liga (esta rematará o 22 de abril, cun partido na