
1 minute read
O betanceiro Antón Pérez Medín foi recoñecido como deportista galego de alto nivel
REDACCIÓN/ Deportes
O mozo betanceiro Antón
Advertisement
Pérez Medín, do club de golf
Paderne, acaba de ser recoñecido como deportista galego de alto nivel (DGAN), tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo.
Antón Pérez logrou este recoñecemento tras conseguir 3 campionatos de España nas dúas últimas tempadas, sendo campión de España cadete en 2021 en Boiro e en 2022 en Xixón e formar parte do equipo de golf de Paderne Pitch & Putt que logrou quedar campión de España por equipos o pasado verán.
