1 minute read

ACEBE CCA presenta a súa nova App para asociados e clientes

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

A aplicación, que xa pode descargarse para Android e Ios, permitirá xestionar campañas e sorteos tanto dende a asociación como dende os propios negocios

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

ACEBE CCA acaba de presentar a súa nova App que dispón de múltiples funcionalidades tanto para os asociados como para os clientes dos negocios que forman parte da entidade.

A aplicación permitirá xestionar campañas de fidelización de tres tipos: sorteos con premios directos e premio final, nas que o cliente poderá obter un regalo de forma inmediata e, no caso de non ser premiado, optar a un sorteo final; sorteos con premio final, mediante o rexistro de ticket de compras; concursos, nos que o cliente participa nun sorteo final logo de puntuar, a través da app, unha serie de produtos.

Por outro lado, os propios asociados poderán xerar a través da App tarxetas regalo do establecemento que só poderán canxearse no seu negocio; campañas de acumulación de saldo por compras; campañas de comercio circular ofrecendo bonos para consumir noutros negocios, etc.

ACEBE CCA comunicará proximamente aos seus socios e socias as claves de acceso para que poidan xestionar a App para o seu negocio. Ao mesmo tempo poden acceder como particulares cun usuario e contrasinal para beneficiarse das vantaxes que ofrecen os outros asociados ou participar nas campañas que se xeren a través da aplicación dende a Asocia- ción. A App permitirá tamén identificar aos socios e socias e aos seus empregados, mediante un código QR, para que poidan beneficiarse das condicións vantaxosas que ofrecen outros negocios a través dos convenios asinados con ACEBE CCA.

Pola súa parte, os clientes que descarguen a aplicación poderán participar dunha forma sinxela e directa nas diferentes campañas que organice a Asociación ou nas que realicen os diferentes establecementos.

A aplicación, que xa está dispoñible para Android e Ios, está desenvolvida pola empresa BitNorte Consulting que xa puxo en marcha outras similares para asociacións de comerciantes doutras localida-

This article is from: