
2 minute read
A Asociación ofrecerá un servizo de envíos gratuítos para vendas en liña
Será exclusivo para os comercios asociados e estará subvencionado pola Dirección Xeral de Comercio
REDACCIÓN / Betanzos
Advertisement
Os comercios asociados a ACEBE CCA disporán dun novo servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña que realicen dende as súas páxinas web ou redes sociais. Esta nova prestación estará subvencionada pola Dirección Xeral de Comercio e será exclusiva para os establecementos asociados a ACEBE CCA que se inscriban no servizo. Os envíos realizaranse a través da sucursal de MRW de Betanzos ata un límite mensual que se establecerá en función do número de negocios que o soliciten. O servizo estará activo ata o mes de novembro ou ata que se esgote o crédito concedido a ACEBE CCA pola Consellería.
des polo que as prestacións que ofrece están testadas. A directiva de ACEBE CCA presentou esta nova ferramenta durante a Asemblea Xeral de Socios que se celebrou o 2 de marzo e na que un responsable da empresa BitNorte Consulting se encargou de respostar todas as dúbidas das persoas asistentes. "Con esta aplicación damos un paso moi importante de cara á modernización dos nosos servizos, o que facilitará moito a xestión. A App é moi intuitiva no seu manexo e permítenos poñer a disposición dos nosos asociados unha ferramenta dixital que lles ofrece múltiples vantaxes", explicou a presidenta de ACEBE CCA, María Luisa Pérez Iglesias.
Programación anual

Este novo servizo de ACEBE CCA foi presentado na Asamblea celebrada o 2 de marzo no Salón Azul do Edificio Arquivo, onde tamén se presentou a programación anual de actividades do colectivo.
A entidade ten previsto poñer en marcha dúas campañas de fidelización, unha en primavera e outra en outono, que se realizarán a través da nova App de ACEBE CCA.
Os clientes deberán reunir tickets de compra por valor de 300 euros nun periodo de 2 meses e entre todas as persoas participantes sortearanse bonos para comprar nos negocios asociados. Nos meses de xuño e xullo sortearanse, mediante o reparto de rifas, 32 premios valorados en 1500 euros, dentro da campaña de verán.

A entidade prepara tamén unha "Fin de semana saudable". Un evento que se fará coincidir coa volta ao cole e no que se darán a coñecer as actividades deportivas que as asociacións e clubes impartirán durante o curso e tamén os servizos que prestan as empresas e profesionais asociados a ACEBE CCA relacionados co deporte e a vida sana.

Tamén se prevé a realización dunha nova edición do mercado de oportunidades e un novo Showroom Celebra previsto para novembro. Completan as propostas presentadas, o Samaín, no que se agasallará con doces aos nenos e nenas que acompañen ás súas familias a mercar durante o 31 de outubro e a Campaña de Nadal, con sorteo mediante rifas e actividades de lecer para público infantil. Manterase tamén o servizo gratuíto de community manager para a promoción dos establecementos asociados e das actividades da asociación.
Novos socios
Na Asemblea deuse a benvida aos novos socios que se incorporaron ao colectivo:
-Chocolat Betanzos
-Troula Fútbol Sala
-Discomóvil Sebas 21