7 minute read

Betanzos celebra en marzo o Mes da Muller cun programa de actividades culturais

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

Fátima Barallobre foi a gañadora do premio do concurso de San Valentín

Advertisement

ACEBE CCA entrega o premio da campaña de San Valentín

REDACCIÓN / Betanzos

Fátima Barallobre foi a gañadora do concurso da campaña de San Valentín organizada por ACEBE CCA e que tiña como premio 100 euros en acebecheques para gastar nos negocios asociados á entidade.

O concurso consistía na realización dun cuestionario en liña con preguntas relacionadas cos gustos e aficións da parella. Unha vez respondidas as preguntas, as persoas participantes recibían recomendacións de agasallos que poderían mercar en diferentes establecementos asociados a ACEBE CCA.

Este é o segundo ano no que a asociación organiza este concurso que incrementou notablemente a súa participación. A gañadora foi elixida ao azar de entre todas as persoas participantes mediante unha ferramenta informática e o resultado deuse a coñecer o 14 de febreiro, coincidindo coa celebración do día de San Valentín.

REDACCIÓN / Betanzos

Betanzos celebra en marzo o Mes da Muller cun programa de actividades culturais e de lecer que comezou o día 7 co espectáculo de narración oral "Dona Emilia e a señora Carme", por conta da narradora Cris de Caldas, para alumnado dos centros educativos de secundaria do municipio.

O día 10, en horario lectivo e para o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín, representarase o espectáculo musical "Con voz de muller", organizado pola Deputación da Coruña a través do Premio Luisa Villalta, coa colaboración do Concello.

A programación completarase cun roteiro guiado titulado "Betanzos en feminino", o sábado 11, con punto de encontro para a saída na Oficina de Turismo ás 11.30 horas. A actividade é gratuíta mais cómpre inscribirse previamente nos teléfonos 981776666 ou 638543169. Tamén poden apuntarse na propia oficina ou por correo electrónico: turismo@ betanzos.gal. O número máximo de participantes é de 35 persoas.

Cinema no Alfonsetti

O Alfonsetti acollerá este mes un ciclo de proxeccións para público adulto e familiar. Os venres será a quenda dos filmes para público adulto coa proxección de "Mujercitas" (Greta Gerwig, 2019), o día 10, e "Las horas" (Stephen Daldry, 2002) o día 24. As proxeccións serán ás 20.00 horas con entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Os domingos as películas seleccionadas serán para público familiar e o horario ás 18.00 horas. O día 12 proxectarase "Valentina" (Chelo Loureiro, 2021) e o 26 "Matilda" (Danny de Vito, 1996).

Premio Úrsula Meléndez de Texeda

Outra das actividades destacadas do Mes da Muller é a entrega do Premio Úrsula Meléndez de Texeda, o domingo 12 ás 12.00 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo. Trátase do premio pola igualdade máis importante que outorga o Concello e nesta ocasión recae sobre Ángela Fernández Gómez, do Restaurante La Casilla.

O Concello recoñece así a traxectoria "dunha muller traballadora, que leva décadas á fronte dun dos restaurantes máis emblemáticos e berce do que hoxe en día é o produto gastronómico por excelencia de Betanzos, a tortilla", dixo a alcaldesa, María Barral.

O programa de actos inclúe tamén a XVII Xuntanza de Labores Artesanais, que se celebrará o sábado 18 no Edificio Arquivo en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas organizada polo Concello de Betanzos e as Mulleres da Condesa.

A Confraría de Semana Santa de Betanzos organiza o VI Ciclo de Música Sacra con cinco concertos

REDACCIÓN / Betanzos

O público asistente durante o descubrimento da placa que dá nome ao Centro Cultural Vicente de la Fuente / FOTO ARUME

Betanzos homenaxea a Vicente de la Fuente dando o seu nome ao complexo cultural Santo Domingo

O acto, ao que asistiron familiares e amigos, coincidiu co 40 aniversario da inauguración do Museo das Mariñas

REDACCIÓN / Betanzos

O Complexo cultural Santo Domingo leva dende o pasado 25 de febreiro o nome de Centro Cultural Vicente de la Fuente, en homenaxe ao ex alcalde falecido en decembro de 2021. O acto de homenaxe, ao que acudiron familiares e amigos, xunto con membros da Corporación, coincidiu coa data na que se conmemoraba o 40 aniversario da creación do Museo das Mariñas en 1983, sendo alcalde Vicente de la Fuente.

A alcaldesa, María Barral, Javier de la Fuente e parte do público durante un momento da homenaxe / ARUME

A alcaldesa, María Barral, salientou o importante papel de Vicente de la Fuente en favor da posta en valor da historia e da cultura de Betanzos. Foi el quen durante a súa etapa como alcalde, entre 1979 e 1983, recuperou o Arquivo Municipal e puxo de novo en pé a Biblioteca, recuperou en 1981 o Anuario Brigantino e creou o Museo das Mariñas: "Este é un recoñecemento ao seu labor e é para min unha honra como alcaldesa, poñer o seu nome a un edificio que alberga unha parte moi importante do traballo realizado pola primeira Corporación democrática que tivo en Vicente de la Fuente a súa cabeza visible, e que puxo a base dos servizos culturais que despois foron completando o resto de corporacións", dixo.

Barral salientou que "era un placer, conversar, debatir e discutir sobre Betanzos con Vicente de la Fuente.

Sempre desde o respeto, máis alá da diferencia xeracional ou ideolóxi- ca, coincidiamos plenamente na visión de que o pasado, a historia, debe ser un dos motores do futuro da cidade", dixo.

Javier de la Fuente falou en representación da familia e expresou emocionado o seu agradecemento á Corporación por este recoñecemento. Dixo de seu pai: "Nunca fue político, a pesar de ser alcalde. Intentó dejar huella y dejar algo constructivo para la ciudad", e quixo agradecer tamén "a todas las personas que colaboraron para conseguir lo que por aquel entonces era un sueño y hoy es una realidad", expresou.

Tamén lembrou a seu tío, Santiago De la Fuente, a quen o Concello puxo o nome da Escola Infantil de San Francisco. "Es un homenaje muy bonito para nuestra familia que dos edificios de Betanzos lleven el nombre de nuestro padre y de nuestro tio. Nos llena de orgullo. Él estaría muy satisfecho y orgulloso", dixo visiblemente emocionado.

O VI Ciclo de Música Sacra de Betanzos, organizado pola Confraría de Semana Santa inclúe este ano oito actuacións á que se engade, como acto previo, o concerto do XXV Aniversario do Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia, o vindeiro 25 de marzo ás 20.30 horas na Igrexa de Santiago. Precisamente foi en Betanzos onde o coro da OSG, fundado en 1998, ofreceu a súa primeira actuación, naquela ocasión en San Francisco.

O ciclo de Música Sacra comezará o 31 de marzo co concerto da Banda Municipal de Música de Betanzos ás 20.30 horas na Igrexa de Santiago.

Continuará o sábado 1 de abril, tamén ás 20.30 horas, coa actuación da Coral Polifónica de Betanzos logo do Pregón de Semana Santa, na Igrexa de San Domingos.

O Domingo de Ramos, 2 de abril, tamén ás 20.30 horas, actuará o organista Joaquín Barreira na Igrexa de Santiago.

O luns 3 de abril actuará Glossa Nova - Fernando Buide ás 20.30 horas na Igrexa de Santiago. Porá o peche ao ciclo o cuarteto Alicerce coa soprano Rosana Orsini e o organista Marco Brescia o martes 4 ás 20.30 horas na Igrexa de Santiago.

Actuacións na Semana Santa

A música estará moi presente durante a Semana Santa de Betanzos, non só coa celebración do Ciclo de Música Sacra, senón tamén nas procesións e actos litúrxicos.

O Xoves Santo, 6 de abril, ás 19.00 horas a soprano Clara Jelihovschi Panas e o Coro Madrigalia porán a parte musical á Misa vespertina da Cea do Señor. Actuarán de novo o Venres Santo, 7 de abril, ás 17.00 horas durante a celebración da Pasión do Señor e o Sábado Santo, 8 de abril, ás 22.00 horas durante a Vixilia Pascual. Todas as actuacións serán na Igrexa de San Domingos.

O escritor e xornalista Xesús

Fraga recolle en Zaragoza o premio Nacional de Narrativa

Tralo acto, presidido por Don Filipe e Dona Letizia, a raíña falou con Fraga do moito que lle fascinou a persoaxe da súa avoa Virtudes

REDACCIÓN / Betanzos

O escritor e xornalista betanceiro, Xesús Fraga, recolleu o pasado 20 de febreiro en Zaragoza o Premio Nacional de Narrativa 2021 pola súa novela "Virtudes (e misterios)", nun acto presidido polos Reis Don Filipe e Dona Letizia.

Tralo acto de entrega dos galardóns, no cóctel posterior, Fraga tivo ocasión de falar coa Raíña Dona Letizia quen lle fixo saber o

A Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra actuará o 18 de marzo na Igrexa de Santiago

A Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra, co seu ciclo de Música e Lingua "Na Esencia do Camiño" patrocinado pola Xunta de Galicia, actuará o sábado 18 de marzo ás 20.30 hroas na Igrexa de Santiago en Betanzos.

Trátase dun espectáculo no que participarán máis de 70 artistas que farán un percorrido pola música das culturas do camiño. A Banda de Gaitas estará acompañada da cantante Noelia Álvarez, o tenor Juanjo cura e o Coro Allegro de Vigo.

O concerto conta coa colaboración da Unidad Pastoral de Betanzos.

moito que lle gustara a novela e a súa fascinación pola pesoaxe da avoa Virtudes.

Ademais, Xesús Fraga participou tamén no VI Foro de la Cultura, que se celebrou en Valladolid entre o 23 e o 26 de febreiro. Entre as súas próximas citas destaca a súa presenza, no mes de abril, na Feira do Libro de Londres, onde participará nunha mesa redonda sobre tradución de linguas minorizadas.

Turismo organiza dúas visitas guiadas gratuítas no mes de marzo

A Concellería de Turismo organiza dúas visitas guiadas á cidade os sábados 11 e 25 de marzo. A primeira é a denominada "Betanzos en feminino", organizada con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, e que percorre as rúas adicadas ás mulleres na cidade. A segunda é a denominada "Betanzos Modernista" cun percorrido e explicación das diferentes edificacións modernistas. O punto de saída será dende a Oficina de Turismo ás 11.30 horas.

A actividade é gratuíta pero cómpre inscribirse previamente na propia oficina, nos teléfonos 981776666 ou 638543169, ou por correo electrónico: turismo@ betanzos.gal.

@Acebe.cca @acebe.cca

This article is from: