3 minute read

Adrián Martín García, un betanceiro que aspira a ganar el Reinado Nacional de Belleza

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

Ha sido elegido Míster RNB A Coruña y compite con otros 51 participantes por el título del certamen

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

Adrián Martín García lleva nueve años instalado en Betanzos aunque ahora, por motivos laborales, reside en las Islas Canarias. Tiene 25 años y es suboficial del Ejército del Aire y del Espacio, pero su gran sueño, desde niño, es ser modelo y ha iniciado el camino que puede abrirle las puertas para cumplir su meta.

Tras ser elegido Míster RNB A Coruña es uno de los 52 candidatos del certamen nacional RNB (Reinado Nacional de Belleza). De ganar el concurso, las oportunidades de representar a España en concursos internacionales serían la catapulta perfecta para sus aspiraciones.

Muy seguro de sí mismo, se ve con posibilidades: "Me veo bien, con ganas de dejar a Galicia bien alto. Tengo mucha ilusión y las expectativas altas", dijo. "Siempre tuve inquietudes, ya desde niño, por el mundo de la moda. Siempre me gustó y ahora se presentó la oportunidad. Quiero aprovecharla", afirma.

De hecho, si gana el concurso tiene claro que pediría una excedencia para poder sacar el máximo partido a la experiencia.

Una de las pruebas que deberá superar es el desfile en pasarela para lo que buscará apoyo profesional para que le ayude a coger la soltura precisa para desfilar. También cuenta con un preparador personal para el cuidado de la dieta y los entrenamientos.

Inmerso en la promoción de sus redes sociales (@adrimartingar) como parte de una de las fases del concurso, se muestra confiado y con mucho optimismo mientras prepara el vídeo de presentación y un trabajo social que centrará en las personas con discapacidad. Siempre que puede junta días libres en el trabajo para volver a su casa, a Betanzos, donde le esperan sus amigos que desde el principio le han brindado su apoyo en esta nueva etapa que se abre en su vida.

Arbe mostra o seu escepticismo ante a falta de avances na construción da campa de varada municipal

O debuxante betanceiro Xoán Andrade (á dereita da imaxe) durante a entrevista que lle fixo o xornalista Daniel Seixo

Roxín Roxal organizou en Betanzos a mostra "Pingas de humor crítico" de Xoán Andrade

REDACCIÓN / Betanzos

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal organizou en Betanzos a exposición do ilustrador, caricaturista e ensinante betanceiro Xoán Andrade titulada "Pingas de humor crítico", que estivo aberta ao público entre o 3 de febreiro e o 8 de marzo.

O acto de inauguración, que se celebrou o 3 de febreiro, superou amplamente as expectativas de asistencia e tivo que ser reubicado. Inicialmente estaba previsto que se celebrase na Sala Azul, pero ante o numeroso público asistente foi trasladado á Aula Municipal de Cultura, que se encheu para arroupar ao artista betanceiro.

O acto contou coa actuación do grupo SondeNós cun repertorio de música clásica, sacra e galega.

A exposición estivo aberta ata o 8 de marzo e nela podiase apreciar a evolución do autor ao longo da súa traxectoria, coa incorporación de ferramentas dixitais e cambios no seu discurso. Durante o periodo no que estivo aberta ao público, contou con visitas guiadas da man do autor que exhibe tamén no seu blogue "Pingas de humor crítico" unha gran parte do seu traballo.

Para achegarse máis á figura deste destacado artista local, ademais de visitar o seu blogue, poden ver e escoitar a entrevista que lle fixo o xornalista Daniel Seixo que se emitiu en streaming e que está subida á páxina web de Roxín Roxal (roxinroxal.gal).

A Asociación Amigos de los Ríos de Betanzos (Arbe) manifestou o seu escepticismo ante a falta de avances na construción da nova campa de varada municipal proxectada no entorno da depuradora de Betanzos.

Arbe, como entidade promotora, tasladou ao Concello o 24 de novembro a preinscrición de varios propietarios de embarcacións interesados en utilizar esta instalación.

"A pesar do optimismo inicial, na pasada Asamblea de socios, a principios de febreiro, manifestouse malestar pola falta de avances construtivos que nos fagan ver o cumprimento da palabra dada dende o Concello", afirmaron dende a directiva. "Esperamos ter nestes dous próximos meses a corrección deste incumprimento ou constatación documental por parte do Concello da acta de replanteo e comezo dos traballos de acondicionamento da parcela", sosteñen.

Esta é unha vella reivindicación do colectivo que se remonta a 2017, e que consiste nun terreo cercado e con control de acceso, un lugar seguro para hibernar as embarcacións, protexidas de riadas e outras inclemencias meteorolóxicas, tal e como explicaron.

A entidade anima aos propietarios a inscribirse para obter unha praza enviando un correo: arbebetanzos@gmail.com indicando eslora e manga da embarcación, nome e lugar habitual de fondeo.

This article is from: