
1 minute read
Máis de 70 persoas asisten ao reencontro de ex alumnos do Vales Villamarín
A celebración do 50 aniversario continuará cun ciclo de charlas, unha andaina solidaria, unha exposición e unha festa
REDACCIÓN / Betanzos
Advertisement
A reunión de reencontro entre antigos alumnos e alumnas do Vales Villamarín superou as expectativas da organización e máis de setenta persoas, entre ex alumnado e mestres xubilados, acudiron puntuais á cita, o venres 3 de marzo. Antes das dez da mañá boa parte das persoas asistentes agardaban xa, con alegre conversa, no recibidor do colexio. Á entrada, unha das mestras xubiladas repartía chapas conmemorativas co logo deseñado con motivo do aniversario polo tamén ex alumno Xosé Tomás.

Saúdos amistosos entre vellos coñecidos, algúns que volveron a encontrarse despois de moitos anos, outros que seguen a relacionarse no día a día pero que nesta ocasión falaban -sobre todo- dos recordos que esa estancia e o centro lles traía á memoria. Recordos que ían fluíndo entre os máis novos e os máis maiores a medida que o numeroso grupo percorría as instalacións.
O esceario desaparecido do patio cuberto, as columnas, agora protexidas para evitar accidentes, e que non hai tanto tempo -ou si?- co formigón á vista servían para atar a goma de saltar, para "pandar" ao escondite, ou para correr ao redor delas sen outro motivo que pasalo ben e que marcaban a zona na que se formaban as filas antes de entrar. As "espalderas", que eran o máis parecido que había a un ximnasio, moito antes de construir o pavillón polideportivo, que tamén visitaron. Lembranzas das pistas de baloncesto e do campo de fútbol de cemento ubicados onde agora están as aulas de primeiro de primaria, recordos dos mestres, dos compañeiros e compañeiras, das clases...
Antes de iniciar o percorrido polas aulas, na biblioteca -outra das salas para moitos descoñecida por inexistente noutro tempo- o director, Alejandro Sánchez Amado, e a mestra Teté Espiñeira, piar fundamental da organización do aniversario, dirixíronse aos asistentes para agradecer -emocionados- a participación no encontro.

Alejandro Sánchez falou da grandeza do Vales, en todos os sentidos, e da "máquina imparable" na que se converte cando se pon a funcionar. Un centro "no que se deron as primeiras vocacións", dixo, de moitos dos ex alumnos. "Eu que inaugurei o cole, 50 anos despois aínda sigo aquí", bromeou. "Esta foi, é, e será sempre a vosa casa", concluiu visiblemente emocionado.
Teté Espiñeira avanzou as próximas actividades que están a preparar para continuar a celebración do aniversario: un ciclo de charlas sobre a historia do centro, sobre a figura de Vales Villamarín e a evolución do ensino neste medio século; unha andaina solidaria; unha edición especial da publicación do centro, "O xornaliño"; unha gran exposición de fotografías, recordos, libros, documentos... para o que pediu a colaboración dos asistentes; e unha

