2 minute read

Bono autónomo 2023

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

Requisitos para acceder ao bono autónomos 2023 da Xunta de Galicia:

• Ser unha persoa autónoma

Advertisement

• Ter o domicilio fiscal en Galicia

• Na data da solicitude, ter unha antigüidade superior a 42 meses (3 anos e medio) ininterrompidos

• Ter un rendimento neto reducido (IRPF) inferior a 30.000 € e unha facturación mínima anual de 12.000 € (IVE incluido) na declaración do ano 2020.

Tamén poderán ser beneficiarios da axuda as sociedades de calquer clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que teñan polo menos unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses.

Cales son os gastos subvencionables do bono autónomo 2023?

• Aplicacións informáticas, páxi- nas web, apps e redes sociais

• Equipamento informático.

• Deseño de marca.

• Compra de maquinaria.

• Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética

• Inversións para a sustitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

• Compra de utensilios e ferramentas.

•Reforma do local do negocio (excluido o domicilio habitual da persoa autónoma).

• Equipamento de oficina e/ou negocio.

• Rótulos Contía do bono autónomos:

A subvención será do 80% dos gastos subvencionables ata un máximo de 3.000€ por beneficiario.

Prazo de solicitude:

Ata o 29 de setembro de 2023.

Máis información Espazo Xove de Betanzos:

Tlf. 881 880 279 (tarde) email: espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal

Instagram: @espazoxovebetanzos

Facebook: Espazo Xove-Casa da Xuventude de Betanzos

Con motivo da celebración do día da Muller e a Nena na ciencia, o 7 de febreiro o alumnado de 6º de Primaria e de 1º de ESO visitou as instalacións do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) para participar en diversas actividades.

O grupo de investigadores e investigadoras do centro explicaron ao alumnado a súa traxectoria, as investigacións que están levando a cabo, as publicacións realizadas, as patentes conseguidas e o camiño que tiveron que percorrer ata chegar á posición que ocupan actualmente. Os escolares transmitíronlles dúbidas e curiosidades sobre a ciencia e as profesións e actividades vencelladas a STEM. Logo dun almorzo ao que foron convidados polo CICA, e tralas charlas, os estudantes participaron en diferentes talleres, liderados por científicas do centro, nos

A xeración de estudantes de Atocha nacidos en 1976 celebran unha cea de reencontro

REDACCIÓN / Betanzos

Os alumnos e alumnas da xeración do 76 que estudaron en Atocha, e os repetidores que coincidiron con esa xeración preparan unha cea de reencontro coa finalidade de recuperar o contacto e compartir os recordos e vivencias da súa etapa escolar.

Poderán participar os que cursaran 1º de BUP no curso 90-91; 2º de BUP no 91-92; 3º de BUP no 92-93 e COU no 93-94.

A cita será o 20 de maio no Playa Club, cunha cea ás 21.00 horas. As persoas que desexen sumarse poden contactar no teléfono 646112672 (María).

O prazo para apuntarse a esta celebración remata o día 30 de abril.

que aprenderon os usos das algas e que accións realizan con elas nos laboratorios, o funcionamento e a realización dunha prótese de cadeira e rodilla, puideron coñecer os usos do nitróxeno líquido e foron testemuño de diferentes experimentos con este elemento.

This article is from: