
1 minute read
A artista Carme Nogueira intervirá no Parque do Pasatempo
,
A investigadora e artista Carme Nogueira (Vigo, 1970) foi a elixida para desenvolver o proxecto artístico resultante do proceso participativo que se iniciara en Betanzos en 2018. Unha iniciativa pioneira en Galicia que permitirá desenvolver unha obra de arte seguindo un protocolo que xa permitiu en Europa crear máis de 400 obras.
Advertisement
A obra resultante, pendente de obter os permisos necesarios, conta co apoio económico da Fundación Daniel e Nina Carasso, quen a cederá á cidadadanía de Betanzos como un xeito de continuar a labor filantrópica que iniciaran os irmáns García Naveira, creadores do parque.
Carme Nogueira, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutorada pola Universidade de Vigo, explicou que a posibilidade de contribuir no parque do Pasatempo dende a arte supón varios retos: "Por un lado, porque é un espacio especial dun valor simbólico moi importante e que conta cun gran prestixio no imaxinario artístico galego e, en segundo lugar, pola sociedade civil que está detrás de todo o proxecto", dixo.

A iniciativa contou coa colaboración das asociacións Roxín Roxal, Amigos do Parque do Pasatempo e Amigos do Caso Histórico de Betanzos e do Concello de Betanzos, coa coordinación da produtora de arte sen ánimo de lucro Concomitentes.