
1 minute read
O Entroido de Samede, a única festividade tradicional que se conserva na Reserva de Biosfera
A aldea de Samede, en Paderne, celebrou o pasado 26 de febreiro o único Entroido tradicional que se conserva no territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Advertisement
A festividade, que contou con numeroso público asistente, ataviados con vestidos ó xeito tradicional, comezou ás 12.00 da mañá na Capela de San Mamede coa lectura do pregón a cargo da nena Manuela do Curro.
O alcalde, César Longo, salientou no seu discurso a importante labor que realiza a Asociación Entroido de Samede no que respecta á recuperación, conservación e posta en valor das tradicións.
Tamén falou Miluca de Moreira, como Embaixadora do Entroido e parte fundamental do traballo de recuperación da festividade.
A celebración continuou cun
Paderne organiza andainas polas parroquias do municipio
O Concello de Paderne organiza o programa "Andainas, 10.000 pasos para coñecer o teu concello" a través do que se percorreran as nove parroquias descubrindo as diferentes posibilidades culturais, patrimoniais e empresariais do territorio.
A primeira delas foi o 4 de febreiro con saída diante da Igrexa de Santiago de Adragonte. Tras a visita ao templo guiados