
2 minute read
Velouzás presenta un estandarte como preludio da creación da
Hermandad de los Dolores
A parroquia chegou a ter ata catro confrarías simultaneamente nos séculos XVIII e XIX REDACCIÓN / Paderne percorrido pola aldea de Máscaras e Vixigueiros, para regresar á Capela e bailar, primeiro a Muiñeiriña, con participación de nenos da aldea e da contorna e despois a Muiñeira Cruzada onde bailaron 16 parellas.
Advertisement
A parroquia de Velouzás, en Paderne, presentou, aproveitando a celebración da Candelaria, un estandarte que será o emblema da Hermandad de los Dolores que se prevé constituir nun futuro próximo. Con motivo da presentación, participou na celebración José Luis Moar Rivera, representante da Cofradía de Valdeflores de Viveiro, que pronunciou unhas palabras sobre a historia das confrarías na parroquia.

Velouzás chegou a ter ata catro confrarías simultaneamente nos séculos XVIII e XIX, tal e como recolle Antonio Río López, veciño da parroquia, nun recente traballo de investigación.

O grupo "No Combarro" das Pontes interpretou a Muiñeira de Piadela para o baile da danza e despois houbo sesión vermú coa mesma agrupación. Pola tarde, representouse o "Enterro do Policarpio".
Para o vindeiro ano, a Reserva proporá o Entroido de Samede no seu programa "Educando na Biosfera" coa finalidade de dalo a coñecer e potenciar o relevo xeracional. Este ano, entidade colaborou na elaboración dos materiais audiovisuais para a difusión desta celebración singular. A celebración estivo presente tamén en BioCultura, co tradicional baile da muiñeira cruzada, o domingo 5 de marzo en ExpoCoruña.
A subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas, xunto ao alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e o Xefe da Demarcación de Costas na Coruña, Rafael Eimil, visitaron a Praia Grande de Miño

Avanza o proxecto de rexeneración do espazo dunar da Praia Grande de Miño
A intervención ten a aprobación do Ministerio de Transición Ecolóxica e conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros
REDACCIÓN / Miño
Imaxe de grupo das persoas participantes na andaina polo párroco, que relatou a historia da igrexa, as 25 persoas participantes seguiron a ruta cara Donín, onde realizaron unha visita guiada a Orballo, da man do director da empresa, Gerardo Lagares. A ruta rematou de novo no punto de partida.
O proxecto de rexeneración do espacio dunar da Praia Grande de Miño avanza logo da aprobación definitiva polo Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico. O proxecto ten un orzamento de 1,7 millóns de euros e suporá a integración do terreo do antigo campo de fútbol na marisma, a sustitución da actual pasarela por unha a ras do solo e dun material acorde co espazo, a construción dunha nova pasarela accesible ata o posto de socorrismo e a eliminación de prantas invasoras.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, subliñou que esta actuación "supón un proxecto emblemático para Miño, tanto para o futuro da nosa poboación como para o desenvolvemento do turismo, un dos sectores claves da nosa economía", dixo. Vázquez Faraldo mantivo a finais de febreiro unha xuntanza de traballo coa subdelegada do Goberno na provincia, María Rivas, e co Xefe da Demarcación de Costas na Coruña, Rafael Eimil, que visitaron a zona e coñeceron polo miúdo as principais liñas de actuación que se proxectan.
Imaxe da praia de O Regueiro, en Bergondo
A praia de O Regueiro entra no censo de areais aptos para o baño
A Consellería de Sanidade notificou que tralo periodo de avaliación obtivo unha calificación de "Excelente"
REDACCIÓN / Bergondo
A praia de O Regueiro, en Bergondo, pasará a formar parte, de forma definitiva, do censo de areais aptos para o baño, tal e como comunicou a Consellería de Sanidade ao Concello de Bergondo. Sanidade informou de que durante o periodo en que O Regueiro estivo sometida a revisión, as diferentes analíticas obtiveron un resultado de "Excelente".

A alcaldesa, Alejandra Pérez, subliñou que este anuncio "certifica que foron efectivas as obras realizadas nos últimos anos na rede de saneamento, unhas actuacións que foron imprescindibles para lograr este resultado", explicou, e engadiu que "o Concello realizou un esforzo importante, conxuntamente con Viaqua e Control de Vertidos da Xunta de Galicia".
A alcaldesa subliñou que "agora quédanos pendente solucionar o problema de seguridade dos cantís, seguimos presionando ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que se pronuncie sobre o último proxecto presentado", dixo.