2 minute read

O certame "Bergondo pola igualdade" premia a creatividade da mocidade en TikTok

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

REDACCIÓN / Bergondo

O Concello de Bergondo acaba de lanzar unha variada oferta de cursos gratuítos que se realizarán ao longo de todo o ano e cos que o goberno local busca contribuir a mellorar a inserción laboral dos veciños e veciñas do municipio.

Advertisement

A proposta formativa dá continuidade a aquelas actuacións formativas que tiveron éxito en anos anteriores e propón novidades para tratar de dar resposta ás peticións formuladas nos últimos meses.

En total organizaranse 11 cursos: primeiros auxilios, auxiliar de caixa e reposición, tratamento dixital de fotografía, manexo de carretilla elevadora, ponte grúa, plataforma elevadora, manexo de desfibrilador externo semiautomático (DESA), manipulador de alimentos, prevención de riscos laborais de nivel básico, actividade empresarial, como montar unha empresa e ingles de nivel medio e conversación. A inscrición pode facerse por teléfono no 981791252 (extensión 4) ou a través dun formulario colgado na páxina web: www.bergondo.gal.

O concurso está aberto ata o 13 de marzo e haberá premios locais e a opción de participar nos nacionais

REDACCIÓN / Bergondo

O Concello de Bergondo, xunto coa Asociación Move-T, organiza o certame "Bergondo pola igualdade" que recopilará vídeos na rede social TikTok ao redor do hashtag #Bergondopolaigualdade.

O municipio súmase así á terceira edición do proxecto nacional "Rodando por la igualdad" impulsado por CortoEspaña e organizado con motivo do Día Internacional da Muller.

Para participar só é preciso dispoñer dun teléfono móbil. Cómpre inscribirse cubrindo un formulario dispoñible na web municipal (www.bergondo.gal) onde tamén poden consultarse as bases, e subir un vídeo á plataforma TikTok cos hashtags do concurso: #Bergondopolaigualdade, #rodandopolaigualdade, #bergondoporlaigualdad e #rodandoporlaigualdad. O prazo remata o 13 de marzo.

Poderán participar persoas de entre 12 e 30 anos que residan, traballen, estuden ou nacesen en Bergondo.

A temática dos vídeos estará relacionada coa loita pola igualdade e a duración máxima das pezas audiovisuais será de 60 segundos. Permitirase a utilización de todas as posibilidades creativas que proporciona a rede social TikTok.

Premios locais e nacionais

Haberá un primeiro premio de 200 euros e un segundo de 100 euros. Ademais, o vídeo gañador do primeiro premio optará aos premios nacionais: un 1º premio de 1.000 euros, un 2º de 500 euros, un 3º de 400 euros, un 4º de 300 euros e un 5º premio de 200 euros.

As obras gañadoras daranse a coñecer o día 22 de marzo, tralo fallo do xurado, que estará formado por membros da sociedade local e persoalidades vencelladas ao sector audiovisual.

Si estás preparando un evento: una boda, un bautizo, una comunión, una fiesta de graduación, un aniversario, unas bodas de plata... déjate asesorar por profesionales que te ayudarán a resolver cualquier duda y que te orientarán para que tu celebración sea un éxito.

Laclave para organizar con éxito un evento (una boda, una comunión, un bautizo, unas bodas de plata, un cumpleaños, una fiesta de graduación o simplemente una reunión de amigos...) es una planificación adecuada y con tiempo suficiente para evitar sobresaltos de última hora.

Cada evento tiene sus propios tiempos y conviene tener en cuenta todos los detalles para que cuando llegue el gran día no tengas que preocuparte de nada, sólo de disfrutarlo. Por eso, sin duda, lo mejor es dejarse asesorar por profesionales con experiencia que nos guiarán a la hora de tomar decisiones y te orientarán sobre los pasos a seguir para que todo sea perfecto.

En estas páginas encontrarás variadas propuestas que te ayudarán a elegir las mejores opciones para diferentes tipos de celebraciones tanto si eres tú quien las organiza como si acudes como invitado. Y además muy cercanas, sin salir de Betanzos y con la ventaja que supone el trato personalizado y la cercanía que te ofrecen los negocios locales. No dudes en pedir consejo y déjate guiar para que ese evento tan especial dejé en ti y en las personas que te acompañen ese día un recuerdo imborrable. Nuestro agradecimento a las empresas colaboradoras que han hecho posible este especial: Arume Fotografía, A Vaca Tola, Casas do Campo, Carrefour Viajes, Discomóvil Sebas 21, Gilsanz, Joyería Carabel, Peluquería Onda, Restaurante La Paz, Selperia, Soloe viajes, Xoma Kids y Zafiro Tours.

This article is from: