Tempada abonos música clásica, Vigo, xaneiro - xuño, 2016

Page 1

Tempada de abonos Música clásica Vigo xaneiro - xuño 2016 afundacion.org


Orquesta Sinfónica de Galicia Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade onde ten a súa sede no Palacio da Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A osg, cuxo director titular é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e

ciclos de concertos españois. En 2007 foi de xira por América do Sur por primeira vez, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil e Uruguai, e a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena. A osg conta habitualmente con solistas coma Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria João Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian Lindberg, entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza,


Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep

Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck. Na súa discografía para os selos emi, decca, Koch, Naíve, bmg e Arts figuran nomes coma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles.


Real Filharmonía de Galicia A Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Compostela e xestionada polo Consorcio da cidade, nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal. Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está composta por cincuenta artistas de diferentes nacionalidades que achegan a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa

cidade, como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director titular da orquestra que axudou co impulso necesario para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, desde xaneiro de 2013 novo director titular, tiveron e teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical. O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio acepten colaborar e compartir momentos de gran plenitude musical: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín),


Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes coma Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores coma Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christoph König, actual director invitado, puxeron a súa batuta á fronte da orquestra. A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditorio de Galicia de Compostela que compatibiliza

con xiras e concertos en Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal, ademais de nas principais cidades españolas, onde destaca a súa participación na tempada cultural de Vigo. Na discografía da rfg salientan os traballos dedicados a Manuel de Falla, Frederic Mompou e Maurice Ravel. O seu último disco rende homenaxe a Antón García Abril.


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 28 de xaneiro | 20.30 h Duración aprox. 1 h 15 min

Director: Pedro Neves Estudou violonchelo no Conservatorio de Música de Aveiro, na Academia Nacional Superior de Orquestra, en Lisboa, e na Escola de Música Juan Pedro Carrero, en Barcelona, e graduouse en dirección orquestral pola Academia Nacional Superior de Orquestra. Mestre titular da Orquestra Clásica de Espinho e mestre convidado da Orquestra Gulbenkian, actualmente prepara o seu doutoramento na Universidade de Évora sobre as seis sinfonías de Joly Braga Santos.

Trompeta: Javier Simó Profesor en excedencia do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, actualmente é profesor asistente do Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) e trompeta principal da Real Filharmonía de Galicia.

Programa I

LUIGI CHERUBINI (1760-1842) Obertura de L’hôtellerie portugaise Johann Sebastian Bach (1685-1750) Concerto para trompeta en re maior «Nach Vivaldi», BWV 972 Allegro Larghetto Allegro

II

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Sinfonía núm. 2 en re maior, op. 36 Adagio molto - Allegro con brio Larghetto Scherzo - Allegro Allegro molto


ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA 18 de febreiro | 20.30 h Duración aprox. 1 h 30 min

Director: Dima Slobodeniouk Desde 2013 é director titular da osg. Dima sitúase no máis destacado da nova xeración de directores musicais, grazas á combinación das súas raíces rusas cos seus estudos musicais en Finlandia. De 2005 a 2008 foi director titular da Sinfónica de Oulu e, nas últimas tempadas, forxou novas colaboracións con compañías europeas e americanas. O seu completo repertorio abrangue desde autores como Rautavaara e Widmann ata Brahms ou Wagner.

Violín: Patricia Kopatchinskaja Considerada unha das grandes violinistas do noso tempo, a versatilidade de Patricia Kopatchinskaja maniféstase no seu diverso repertorio, que vai desde o barroco e clásico ás novas comisións e reinterpretacións de obras mestras modernas.

Programa I

JONATHAN HARVEY (1939) Tranquil Abiding ROBERT SCHUMANN (1810-1856) Concerto para violín en re menor In kräftigem, nicht zu schnellem Tempo Langsam Lebhaft, doch nicht schnell II

JOHANNES BRAHMS (1833-1897) Sinfonía núm. 3 en fa maior, op. 20 Allegro con brio Andante Poco allegretto Allegro


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 25 de febreiro | 20.30 h Duración aprox. 1 h 20 min

Director: Paul Daniel Director titular e artístico da rfg desde xaneiro de 2013, encárgase tamén da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e director musical da English National Opera e das óperas Factory e North. Entre os premios recibidos destaca un Olivier, un Gramophone, e a Cruz do Imperio Británico, coa que foi recoñecido nos New Year’s Honours de 2000.

Piano: Luis Fernando Pérez Realiza os seus estudos musicais en Madrid, Colonia e Barcelona, onde obtén o mestrado en Música Española. Considerado un dos pianistas máis talentosos da actualidade, a súa carreira levouno por importantes escenarios de todo o mundo acadando un enorme éxito.

Programa I FELIX MENDELSSOHN (1809-1847) Obertura de La bella Melusina, op. 32 Concerto para piano núm. 2 en re menor, op. 40 Allegro appasionato Adagio, Molto sostenuto Finale. Presto scherzando

II FRANZ SCHUBERT (1797-1828) Sinfonía núm. 6 en do maior, D. 589 Adagio – Allegro Andante Scherzo: Presto Allegro Moderato


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 10 de marzo | 20.30 h Duración aprox. 1 h 15 min

Director: Paul Daniel Soprano: Teresa Novoa Comeza a estudar música aos oito anos de idade. Dedica os primeiros anos á carreira de piano e continúa coa de canto en Pontevedra e Santiago de Compostela. Posteriormente, trasládase a Madrid para rematar os estudos superiores baixo a cátedra do tenor Pedro Lavirgen, e amplía estudos con mestres tan recoñecidos coma Montserrat Caballé, Jaime Aragal, Danielle Ferro, F. Lavilla ou M. Zanetti. En 2001 gaña o Premio de Honra e o Premio Nacional de Música. Na actualidade ofrece recitais e concertos nos máis importantes teatros de España. Tamén actúa en París, Toulouse, e en países de América, coma Venezuela, Arxentina, Brasil ou Cuba. É profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Programa I FELIX MENDELSSOHN (1809-1847) Sinfonía núm. 3 en la menor, op. 56 «Escocesa» II JOÁM TRILHO (1942) Grandes são os desertos, para soprano e orquestra


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 31 de marzo | 20.30 h Duración aprox. 1 h 25 min

Director: Eduardo Portal Graduado pola Universität der Künste de Berlin e a Royal Academy of Music de Londres, Eduardo Portal é especialista en disciplinas tan diversas coma a música sinfónica, a interpretación histórica ou o repertorio contemporáneo. Dirixiu concertos nas salas máis prestixiosas de Europa e ocupou o posto de director asistente en importantes orquestras coma a London Philharmonic Orchestra ou a Orchestra of the Age of Enlightenment, o que lle permitiu traballar con directores de prestixio internacional.

Violín: Baiba Skride Procedente dunha familia de músicos, desde 2010 toca o Stradivarius Ex Baron Feilitzsch (1734), cedido por Gidon Kremer. A súa naturalidade á hora de entender a música levouna a colaborar con algúns dos directores e orquestras máis importantes de todo o mundo.

Programa I LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Obertura Leonora núm. 3, op. 72b ROBERT SCHUMANN (1810-1856) Obertura, scherzo e finale, op. 52 Obertura: Andante con moto - Allegro Scherzo: Vivo - Trio Finale: Allegro molto vivace

II JOHANNES BRAHMS (1833-1897) Concerto para violín en re maior, op. 77 Allegro non troppo Adagio Allegro giocoso, ma non troppo vivace


ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA 14 de abril | 20.30 h Duración aprox. 1 h 30 min

Director: Otto Tausk Personalidade musical moi respectada na súa Holanda natal, Otto Tausk ten traballado coas máis importantes orquestras. Como director musical da Orquestra Sinfónica e o Teatro da Ópera de San Gallen, impulsou os seus músicos e cantantes a niveis impresionantes, o que lle valeu a aclamación do público e a crítica. A habilidade e o coñecemento imbuído da enerxía e o carisma que transmite entre os seus músicos é totalmente contaxioso.

Programa I

ERNŐ DOHNÁNYI (1877-1960) Minutos sinfónicos FRANZ LISZT (1811-1886) Concerto para piano núm. 2 en la maior Adagio sostenuto assai Allegro agitato assai Allegro moderato Allegro deciso Marziale un poco meno allegro Allegro animato II

Piano: Nikolai Demidenko Famoso polas súas interpretacións do repertorio ruso, Nikolai Demidenko goza dun recoñecemento mundial polo seu virtuosismo, paixón e musicalidade. En 2014 recibiu un doutoramento honorífico da Universidade de Surrey pola súa achega á música e á universidade.

GYÖRGY LIGETI (1923-2006) Concerto romanesc Andantino Allegro vivace Adagio ma non troppo Molto vivace; Presto

FRANZ LISZT (1811-1886) Preludios (poemas sinfónicos)


ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA 5 de maio | 20.30 h Duración aprox. 1 h 30 min

Director: Rumon Gamba É director principal e musical da Symfoniorkestern Norrlandsoperan. Entre 2002 e 2010 foi director titular e musical da Orquestra Sinfónica de Islandia, coa que gravou dous volumes das obras orquestrais de Malcolm Williamson e, máis recentemente, unha serie de traballos orquestrais de D’Indy, cun dos cales adquiriu un nomeamento aos Grammy. Outras gravacións inclúen algúns CDs premiados e nomeados para os Grammy como parte das súas aclamadas series de música de películas.

Trompeta: Häkan Handenberger Notable precursor das obras clásicas e contemporáneas de trompeta e un dos mellores solistas na actualidade, Häkan comezou a estudar música aos oito anos. Na actualidade é profesor no Conservatorio de Malmö e na Real Escola de Música do Norte de Manchester.

Programa I BRETT DEAN (1961) Concerto para trompeta II WILLIAM WALTON (1902-1983) Sinfonía núm. 1 en si bemol menor Allegro assai Scherzo: Presto con malizia Andante con malinconia Maestoso – Allegro, brioso ed ardentemente – Vivacissimo – Maestoso


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 19 de maio | 20.30 h Duración aprox. 1 h 15 min

Director: Maxim Emelyanychev Nado en 1988 nunha familia de músicos, Maxim Emelyanychev estudou dirección de orquestra na Escola de Música Nizhni Nóvgorod, realización con Gennadi Rozhdestvenski no Conservatorio Tchaikovski de Moscova e fortepiano e clavicémbalo coa profesora María Uspenskaya. Gañador de numerosos premios e concursos internacionais, debutou como director aos 12 anos de idade, e desde entón dirixiu diversas orquestras barrocas e sinfónicas. No campo da música barroca lidera Musica Aeterna Novosibirsk e Il Pomo d’Oro. Na tempada pasada dirixiu Il Pomo d’Oro nun concerto excepcional de Tamerlano de Händel en Versalles, Hamburgo, Viena e Colonia. Nesta tempada os seus proxectos con Il Pomo d’Oro inclúen actuacións en Amsterdam e o Barbican de Londres, así coma unha xira por todo o mundo con Max-Emanuel Cencic que os levará a Nova York, Munich, París, Lyon, Rouen, Berna...

Programa I MAURICE RAVEL (1875-1937) Le tombeau de Couperin Prélude Fugue Forlane Rigaudon Menuet Toccata

GABRIEL FAURÉ (1845-1924) Pavana, op. 50 FRANCIS POULENC (1899-1963) Capricho para orquestra II LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Sinfonía núm. 7 en la maior, op. 92 Poco sostenuto – Vivace Allegretto Presto Allegro con brio


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 3 de xuño | 20.30 h Duración aprox. 1 h 40 min

Director: Paul Daniel Gaita: Cristina Pato Gaiteira, pianista e compositora, a música popular galega, a música clásica e o jazz téñena levado por importantes escenarios de todo o mundo. En 2005 trasládase a Nova York para obter o doutoramento en Musical Arts in Collaborative Piano pola Rutgers University, onde recibiu o premio á excelencia como investigadora e intérprete.

Corno inglés: Esther Viúdez Óboe co-principal da Real Filharmonía de Galicia desde marzo de 2000, obtén o título profesional de Óboe (Premio de Honra) en 1991, e continúa a súa formación en Londres e Xapón. Ten asistido a numerosos cursos de perfeccionamento con profesores coma E. Abbuhl, E. Martínez, C. Wetzel, S. Schilli ou T. Indermühle.

Programa I JAMES MACMILLAN (1959) The World’s Ransoming OCTAVIO VÁZQUEZ (1972) Viúvas de vivos e mortos Muller Moderato Elas

II PIOTR ILICH CHAIKOVSKI (1840-1893) Sinfonía núm. 4 en fa menor, op. 36 Andante sostenuto – Moderato con anima Andantino in modo di canzona Scherzo: Pizzicato ostinato – Allegro Finale: Allegro con fuoco


INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO Venda da tempada completa ou da 1ª parte, do 11 de decembro de 2015 ao 20 de xaneiro de 2016. Venda da 2ª parte, do 10 ao 22 de marzo 2016. Días 10 e 11 de marzo só para aboados da 1ª parte. CONCERTOS

1ª PARTE

2ª PARTE

Real Filharmonía de Galicia - Pedro Neves (xoves 28 de xaneiro) Orquesta Sinfónica de Galicia - Dima Slobodeniouk (xoves 18 de febreiro) Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 25 de febreiro) Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 10 de marzo) Real Filharmonía de Galicia - Eduardo Portal (xoves 31 de marzo) Orquesta Sinfónica de Galicia - Otto Tausk (xoves 14 de abril) Orquesta Sinfónica de Galicia - Rumon Gamba (xoves 5 de maio) Real Filharmonía de Galicia - Maxim Emelyanychev (xoves 19 de maio) Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (venres 3 de xuño)

TEMPADA COMPLETA

BUTACA 134,40 €

ANF. 1 110,40 €

ANF. 2 86,40 €

ANF. 3 64,80 €

1ª PARTE

BUTACA 59,20 €

ANF. 1 48,00 €

ANF. 2 36,80 €

ANF. 3 27,20 €

2ª PARTE

BUTACA 75,20 €

ANF. 1 62,40 €

ANF. 2 49,60 €

ANF. 3 37,60 €

902 504 500 Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete

A través destas mesmas canles tamén podes consultar a nosa política de bonificacións e descontos xerais DESCONTOS COLECTIVOS Colectivo mozo: carné xove Maiores de 65: carné de xubilado Desempregados: carné correspondente Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono Axúdanos a conservar o medio ambiente gardando este folleto ata a fin de tempada. Tempada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A programación pode sufrir cambios e as duracións dos concertos son aproximadas. Depósito Legal: C 2274-2015


Teatro Afundaci贸n Policarpo Sanz, 13 - VIGO 986 120 078

A t煤a opini贸n conta! afundacion.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.