Analise contexto

Page 1

A análise do contexto Na análise do contexto débense ter en conta os seguintes aspectos: ¿Cómo é o noso centro?: Titularidade e financiamento: privada, municipal, do Consorcio, ... Número de unidades. Radicación xeográfica: rural, urbana,... Descrición breve do edificio e dos principais espazos de que dispón. Servizos que ofrece: ampliación de horarios, comedor, almorzo, transporte, servizo de vacacións, servizo por horas,... Proxección social do centro no barrio ou na vila: que accións desenvolve o centro no seu entorno, en que actividades sociais participa,... Relación que mantén coas familias das crianzas matriculadas: que se lles ofrece, que se lles pide, en que participan,... ¿Qué é o máis importante que fai o centro? ¿Por qué? Descrición breve dos recursos e materias dos que disón. ¿Cómo son os nenos e nenas e as súas familias? Número de alumnas e alumnos, idades, agrupamentos. Características das familias: traballo, nivel socioeconómico y cultural, preocupación e expectativas en relación ás nenas e nenos e a súa educación, papel doutros familiares (avós, tíos,...) Tipo de relacións entre o alumnado: cariñosas, agresivas, conflictivas,... Tipo de relación que manteñen as crianzas coas persoas adultas familiares e descoñecidas. Tipo de actividades que máis lles gustan. Conflictos especiais e situacións que se repiten no período de adaptación. ¿Hai nenos ou nenas con necesidades educativas especiais? ¿que características teñen? ¿como se integran? ¿con que apoios contamos? ¿que lles ofrecemos?... Procedementos de informacións ás familias. ¿Como son os profesionais que traballan no centro? Número de profesionais e funcións que desempeñan. Aspectos (valores, criterios, métodos de traballo,...) nos que estamos de acordo. Forma de traballar Cales son os criterios para a distribución de tarefas. ¿Cómo é o entorno? Radicación, características socioculturais e económicas. Lingua empregada. Servizos que nos ofrece: bibliotecas, xardíns, programas dedicados á infancia,... Relacións que a escola mantén cos recursos do entorno. Relacións con outros centros especialmente cos que recollen ao nosos alumnado.

Didáctica da Educación Infantil

Arturo Iglesias


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.