Sinais identidade

Page 1

sinais de identidade Para definir a súa identidade, cada centro asume e formula aqueles aspectos cos que máis se identifica; a modo de exemplo propoñemos os seguintes sinais de identidade: A definición da liña metodolóxica do centro, respectando os principios de globalización, integración e normalización a través do uso das dúas linguas oficiais como vehículo de comunicación. Baseamos a nosa actuación nos principios da escola activa porque consideramos que son os que máis se axustan ás características e necesidades do nosos alumnado. Cremos que a escola debe participar na vida social do barrio co fin de conseguir a súa inserción e a do alumnado no entorno social no que viven. As canles de participación das familias na proposta educativa da escola, e consecuentemente a dinámica de funcionamento da acción tutorial. Participamos da necesidade dunha implicación real dos pais e as nais na vida do centro e no seguimento do progreso dos nenos e nenas. Tan importante é que as crianzas estean integradas na escola como na familia. Por iso é imprescindible o diálogo escola-familia co obxecto de ir unificando criterios para as nenas e nenos. A actitude positiva de diálogo entre familia e profesionais elimina múltiples tensións que poden ser perigosas para o equilibrio psicolóxico das crianzas. O xeito de abordar a coeducación e a promoción dos valores democráticos. Rexémonos polo principio de coeducación dende as idades máis temperás dos nenos e nenas do noso centro. A nosa escola se manifesta pola non discriminación por razón de raza, clase social, grupo étnico,... polo que se admitirán as minorías étnicas e grupos desfavorecidos e se desenvolverá un traballo encamiñado á súa plena consideración social. A opción confesional que asume a escola e os valores que se queren destacar. A nosa escola maniféstase aconfesional e respectuosa cara ás crenzas tanto dos profesionais do centro como dos nenos e nenas e as súas familias.

Didáctica da Educación Infantil

Arturo Iglesias


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.