Doce luas hector pose

Page 1

Doce lúas

1 Lapsus Alfonso Pexegueiro 2 Delourando os días José Lorenzo Tomé 3 Doce lúas Hector Pose Alberto Rodríguez Fariña

Un novel licenciado en Farmacia arriba desde o sur a unha vila mariñeira. Mocea, casa e comeza un proxecto vital. Viven das crebas que o mar deita no areal. Mais o infortunio chega nunha marea para tronzar a felicidade da familia. Un galeno local receita baños de sol e mar no Atlántico para a filla adolescente. Certo día de calma chicha, unha manda de arroaces achégase ao áxil nadar da cativa e esta vira o sentido da súa derrota fuxindo pola escorrentía cara ao horizonte. Doce lúas é o diario dun home que decide encasar e outear meditativo o mundo que o rodea. Un ano escrito desde o descarnado sentir. Textos e imaxes que maridan con sutil elegancia para descifrar o convivir en contextos miúdos onde a identidade, os patrimonios, a paisaxe e a condición humana revelan aspectos da face que nos compón e define. A experiencia do tempo que vive o ser, escrita como se a existencia pedise un haikai para cada instante.

Héctor Pose Alberto Rodríguez Fariña

Héctor Pose (Malpica de Bergantiños, 1964), Naceu en Malpica, soleira da Costa da Morte, e trata de vivir corresponsablemente na cidade da Coruña, en cuxa Universidade ensina e aprende. Aboia na soidade da escrita tentando entender. Alberto Rodríguez Fariña (Malpica de Bergantiños, 1983) inicia a súa relación coa fotografía no Instituto de Imaxe e Son da Coruña antes de emprender unha viaxe de ida e volta de varios anos a Londres, onde amplía os seus estudos. A súa obra combina os seus dous grandes intereses, a fotografía e a viaxe, e desta unión nacen diversos proxectos noutros tantos paises.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.