Curso 2009/10
Boletín de biblioteca
número 27
As caixas de aula Editorial
Artigos de interese especial Para que lês? VIII Xornadas Literarias de Neda adicadas a Pessoa Visita de autores: Rosa Aneiros
Desde o segundo trimestre do curso pasado estamos a levar a cabo o tempo de ler en toda a ESO (chamámoslle tempo non hora porque só son 20 minutos ao día e os alumnos prefiren este nome). Tras unha proposta inicial de experimentación da actividade, fixemos un análise dos resultados que foron moi satisfactorios. E aí seguimos, coas presas que nos meten os rapaces para que cambiemos o contido das caixas.
Aínda que algúns traen os seus libros da casa ou os escollen na biblioteca, nos temos que aportar a selección maioritaria. Gustaríanos ter algunha suxestión por parte de profes ou alumnos. De feito algún ás veces nos piden que merquemos outros título de series como as da editorial Nivola... pero esperamos que os alumnos sexan cada vez máis esixentes e así afinar na nosa selección nas vindeiras caixas.
Os de sempre: Toponimia Unha de inventos: Sabías que? Novidades
Toponimia Seguimos sen coñecer onde vivimos? No boletín anterior preguntabamos por O Portádego, que era un imposto que gravaban determinados productos que entraban ou saían dunha cidade. Nestes tempos de crise todos sabemmos o que é un imposto. Pois ben sabemos que Alfonso XI otorgou á vila de Neda o dereito de cobrar un 10% do valor que embarcase ou desembarcase na vila. E no sitio onde se cobraba ese imposto leva ese nome. Agora un nome do máis poético: sabedes onde está e porque se chama así O Paraíso ?