Abril 2011

Page 1

Curso 2010/11

Boletín de biblioteca

número 35

Abril; un mes cheo de contidos Artígos de interés especial • Silencio, estamos a rodar! • Ferrolterra e Juan Farias • Ano Internacional da Química • Fahrenheit 451: Que libro salvarias ti?

Editorial

Neste mês de abril, temos moito que contar. Empezamos o día 2 co homenaxe a Juan Farias no dia da Literatura Infantil e Xuvenil, participamos nas xornadas de PLAMBE cunha ponencia sobre o cine, escoitamos a Xosé Neira Vilas nunha charla emocionante, participamos nas Xornadas literarias do concello en colaboración coa Universidade da Coruña, celebramos o Dia do Libro lembrando unha obra de Ray Bradbury e fixestedes a vosa selección para ser home-libro…

Todo isto porque non podemos deixar de achegarvos o que está a pasar no mundo da cultura en xeral e o da literatura en particular. Como nos dixo a nosa flamante Premio Cervantes Ana María Matute: “ quen non inventa, non vive”. Inventemos, cremos, busquemos, xoguemos coa imaxinación... leamos porque lendo vivimos outras vidas.

Silencio, estamos a rodar!

Os de sempre: Editorial Sabías que? Novidades Premios e Premiados

No primeiro trimestre chamaron da asesoría de bibliotecas escolares para pedirnos que nas Xornadas de Bibliotecas Escolares falaramos de dous recursos sobre cine que temos na biblioteca: Carteleira e De Cine no Esquío. Os que traballamos na biblioteca temos claro que o descubrimento do mundo ten varias vías. A Biblioteca Escolar como centro de recursos ten que adaptarse aos novos tempos de busca de coñecemento e aprendizaxe. A nosa BE contén: fondos impresos, fondos audiovisuais e recursos on-line. Todo é valido para achegarnos ao coñecemento, por iso cuidamos os nosos fondos audiovisuais. Coa Carteleira vos achegamos unha listaxe con todas as películas que están a vosa disposición.

Con De cine no Esquío analizamos todas as películas do noso fondo aportando a información relevante en cada caso: Resumo Enlace ao catálogo MEIGA Wikipedia Ficha técnica Guía didáctica Enlaces a páxinas educativas Críticas salientables Reseñas de prensa especializada Como se fixo a película Páxina web oficial Banda sonora Trailer en distintas linguas Porque estamos DE CINE NO ESQUIO!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.