Boletín de Abril

Page 1

Curso 2012/13

Boletín da biblioteca

número 51

Mes de abril: Mes do Libro… Editorial

Contido  Ler para vivir  Lemos O Principiño  FGSR: Unha biblioteca para tremer  Tastarabás  XI Xornadas Literarias: Thomas Mann

O mes de abril é un mes moi importante para todos os que disfrutamos do libro e a lectura… bah, todos son importantes porque sempre estamos a ler, pero no mes de abril deixamos a roupa de abrigo, os días curtos, a humidade despois de tanta chuvia , os ratos de lectura á luz do lume ou do “flexo”… e chega o sol. Lemos ao aire libre enchendo os nosos pulmóns do olor da herba recén cortada, dos primeiros brotes do xasmín, ata os libros olen mellor.

tempo e no espazo, percorrer outros mundos e vivir outras vidas. Por iso lemos ; lemos para vivir.

Neste mes lembramos a Hans Christian Andersen no día 2 Día Internacional do Libro Infantil,e no 23 releemos a Cervantes e Shakespeare no día do seu aniversario, autores tan importantes na literatura universal que marcaron a data para o Día do Libro. Pero tamén a todos os autores que dalgunha maneira nos fixeron viaxar no

Ler para vivir. Lema da campaña da UNESCO

Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias

E nos, que podemos facer para apoiar esta campaña? Aquí te deixamos algunhas das iniciativas, ademais de mercar un libro na nosa librería de sempre e agasallar con el a algunha persoa que nos importe: 1- Comparte as citas dos teus autores favoritos en Twitter, usa o hashtag #DíadelLibro, e segue a celebración especial en @UNESCO_es 2- Descarga dende internet os libros publicados hai máis de 100 anos, son gratis!. 3- Comparte a túa paixón por un autor determinado e comparte un dos seus libros coa xente ao teu arredor. 4- Aproveita esta ocasión para descubrir algo diferente ao que normalmente leas. 5- Deixa un libro no banco dun parque, ou no asento do metro, cunha nota que diga "Feliz Día do Libro". 6- Nunca tires un libro! Descobre como facer chegar os teus antigos libros de texto e novelas a escolas e bibliotecas de países que sufrisen algún tipo de desastre natural, ou participa en redes de intercambio de

libros ou campañas para doalos. 7- Infórmate sobre dereitos de autor: respectar estes dereitos contribúe á propagación do coñecemento e recompensa o traballo de creadores e casas editoriais. 8- Organiza clubs de lectura na túa comunidade, en escolas, bibliotecas, e anima algún personaxe famoso no teu país a implicarse.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Boletín de Abril by begonals - Issuu