Curso 2013/14
Boletín da biblioteca
número 58
Mes de abril: Ler para descubrir Editorial
Contido Ler para descubrir Coñecemos a nosa herdanza FGSR: Unha biblioteca de banda deseñada
Ninguén dubida do dereito que todos temos á educación en igualdade pero sabiades que...na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada polas Nacións Unidas en 1948, no artigo 27 se considera en forma explícita o dereito que ten toda persoa de gozar dos progresos da ciencia e os seus beneficios? Neste mes lembramos a Hans Christian Andersen no día 2 Día Internacional do Libro Infantil,e no 23 releemos a Cervantes e Shakespeare no día do seu aniversario, autores tan importantes na literatura universal que marcaron a data para o Día do Libro. Pero tamén lemos a moitos autores máis ou menos anónimos que nos achegan as súas inquedanzas respecto á tecnoloxía, astronomía, bioloxía, zooloxía, química, física…botade un ollo á selección de obras de divulgación que tedes na galería do instituto porque os seus títulos non deixa dúbida: Nos tamén lemos ciencia!:
I Certame Fotográfico: Shh..estamos a ler
¡Eureka!, El fantástico viaje al Big Bang, Lo que Einstein le dijo a su barbero, Esas endiabladas matemáticas, The Horrible Science, Nada más que hechos, 50 cosas que los niños pueden hacer para salvar el planeta,99 preguntas para ingeniosos, ¡Viva la ciencia!, Fibonacci, ¿Por qué soy como soy?, ¿Tienen los animales que lavarse los dientes?, Viaje espacial, Astronautas, Revista National Geography, , … e moitos títulos máis.
Poeta Díaz Pardo nas Letras Galegas 2014 XII Xornadas Literarias: Alessandro Manzoni
Coñecemos a nosa herdanza
Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias
O alumnado de latín e grego participou no concurso ”Yo conozco mi herencia, ¿y tú?”, ideado por AMUPROLAG e a Sociedad Española de Estudios Clásicos para reclamar un lugar para a Cultura Clásica, o Grego e as Humanidades na LOMCE. A data elixida foi o 14 de febreiro por facer referencia ó amor que profesamos á cultura grecolatina. Fixemos unha selecta de poemas escritos hai séculos polos antigos gregos e romanos e repartímolos polo centro coma
se estivésemos agasallando a algún namorado/a. Tamén lemos estes versos no recreo do día 14 e enguedellámonos na montaxe dun vídeo que foi enviado a dito concurso. Había centros participantes de moitas partes do mundo e, aínda así, quedamos no posto 26. Os vídeos andan polo Youtube e polas redes sociais. Buscádeos!!!