Curso 2014/15
Boletín da biblioteca
número 64
Todos lemos Editorial
Contido Moitas culturas: unha historia A biblioteca na rede. Tamén en twitter Literatura de terror II Certame Fotográfico: Shh..estamos a ler Filgueira Valverde nas Letras Galegas 2015 XIII Xornadas Literarias: Monstros en papel Frankenstein
Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados
Desde que esta biblioteca botou a andar en abril, por enriba dos outros meses, está adicado sobre todo á lectura. Comezamos có Día Internacional do Libro Infantil que este ano ten como lema “Moitas culturas: unha historia” porque neste mundo todo está conectado: “Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias” Historias internacionais… historias tradicionais É a mesma historia que se nos conta a todos En diferentes voces En diferentes cores Pero permanece inmutábel… Comezo… Argumento… E fin… É a mesma historia que todos sabemos e amamos Todos a escoitamos En diferentes versións de diferentes voces Mais sempre é a mesma Hai un heroe… unha princesa… e un vilán Non importa a súa lingua, nin os seus nomes, Nin as súas caras É sempre o mesmo comezo, Argumento E fin Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán Inmutábeis durante séculos Acompáñannos Murmúrannos nos nosos soños Arrólannos para durmir As súas voces marcharon hai tempo Pero viven nos nosos corazóns para sempre Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación Para que todas as culturas se fundan nunha única historia.”
Estamos na rede. Twitea o Blogfesquío
Novidades Suxerencias
Sabemos que hoxe en día as bibliotecas escolares non poden ser alleas aos novos modelos de comunicación, polo que vos invitamos a que vos acheguedes á nosa biblioteca nas redes sociais ou nos vosos dispositivos móbiles. Non deixedes de estar informados!!