Abril 16

Page 1

Curso 2015/16

Boletín de biblioteca

número 70

Refuxiados…. Editorial

Artígos de interés especial • Refuxiados • Ano Internacional dos legumes • Shakespeare & Cervantes • XIV Xornadas literarias: Nadine Gordimer

Comezamos este mes das letras mirando cara á actualidade. Os conflitos bélicos están forzando a poboación de zonas máis ou menos occidentalizadas a fuxir da fame, da miseria e da morte. Unha guerra é sinónimo de destrución pero neste último tempo a chegada de migrantes nos traen a cara da desesperación de familias ao completo. Ata o de agora o soño europeo encandilaba á África subsahariana e a chegada de pateras ao noso sur non nos era descoñecida, agora o que estamos a ver son grupos familiares fuxindo da súa terra ata coas súas mascotas.

seus fillos e homes traballando a terra e saíron a buscar un “dourado” onde sacar un anaco de futuro para eles. “Mulleres valentes” chámase a exposición do Instituto da Muller que temos en préstamo neste mes para lembrar que todos somos emigrantes, e non dar as costas a esta realidade tan crúa da nosa cotidianidade.

Pero esta situación tennos que axudar a non esquecer esa outra migración de principios do século XX, non tan lonxe, de moitas mulleres que deixaron aos

2015 Ano Internacional dos legumes Os de sempre: Sabías que? Novidades Premios e premiados: Letras Galegas 2016 Manuel María

O Ano Internacional dos Legumes 2016 proponse sensibilizarnos sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. O Ano brindará unha oportunidade única de fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.

Pensemos: • Os legumes son ricas en nutrientes. • Os legumes son accesibles economicamente e contribúen á seguridade alimentaria en todos os niveis. • Os legumes achegan importantes beneficios para a saúde. • Os legumes fomentan a agricultura sustentable e contribúen á mitigación e á adaptación ao cambio climático. • Os legumes promoven a biodiversidade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.