Curso 2016/17
Boletín de biblioteca
número 77
No mes do libro e a lectura…. Editorial
Comezamos este mes das letras preguntándonos por qué lemos? Artigos de interese especial No mes do libro e a lectura Ano Internacional do Turismo Sostible e Día Escolar das Matemáticas Novas tecnoloxías e museos XIV Xornadas literarias: Juan Carlos Onetti
Os de sempre: Sabías que? Novidades Premios e premiados: Letras Galegas 2017 Carlos Casares
Xa insistiu María Moliner en 1937, mediante unha carta aos «bibliotecarios rurais», na «capacidade de mellora espiritual» das persoas a través do fomento da lectura. E non lle faltaba razón. Pero o que a tamén bibliotecaria non sabía é que eses mesmos hábitos tiñan un efecto tan saudable na mente como no físico: «Mens sa in corpore san», escribía o poeta latino Juvenal nas súas «Sátiras».
23% menos de posibilidades de morrer. Argumento de peso para tomarse en serio o de abrir un e, seguindo dita ronsel, para que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte presentase o seu Plan de Fomento da Lectura 2017-2020 baixo o lema «Ler dáche vidas extra», e a Consellería de Educación co seu plan LIA. Visita a campaña e participa, tes ata o 15 de xuño!
A Universidade de Yale nun estudo realizado durante 12 anos a 3.600 persoas chegou á conclusión de que sentar fronte a un libro durante polo menos media hora ao día daba unha vantaxe de supervivencia substancial respecto dos que non o facían nin un só minuto: máis de tres horas e media de lectura á semana outorgaban un
2017 Ano Internacional do Turismo Sostible A Asemblea Xeral das Nacións Unidas reunida no ano 2015 declarou o 2017 como Ano Internacional do Turismo Sostible. A importancia do Turismo na nosa época, a era global, é incontestable; as propias Nacións Unidas xa resaltaran a importancia da actividade turística tendo proclamado anteriormente os anos 1966 e 2002 como Anos do Turismo e do Turismo Ecolóxico, respectivamente. Querémonos engadir a esta celebración dedicando o Día escolar das matemáticas ao turismo e a súa incidencia na nosa sociedade. O obxectivo é que os alumnos vaian descubrindo e investigando a súa contorna, desenvolvendo traballos cuantitativos e estatísticos sobre o turismo no seu territorio, buscando como mellorar o atractivo da zona e explorando que recursos matemáticos dan valor ao turismo local.