Boletín da Biblioteca Escolar Abril 2018

Page 1

Curso 2017/18

Boletín de biblioteca

número 82

No mes do libro e a lectura…. Editorial

Artigos de interese especial • No mes do libro e a lectura • Ano Internacional da Non Violencia • Manga e anime • A Revolta das Pedradas • XVI Xornadas literarias: Marguerite Yourcenar

Os de sempre: Sabías que? Novidades, a nosa selección Premios e premiados: Letras Galegas 2018

“Se queres que os demais che digan o que tes que facer, non leas. Se queres que os demais che digan o que tes que pensar, non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar, non leas. Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan, non leas. Non leas, porque a lectura é incómoda. Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión.

Ordenación Universitaria editou para conmemorar este día 23 abril de 2018 no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. E nos coma sempre, levando a contraria, LEAMOS logo, aínda que este verbo non admite imperativo.

Así que, por favor, é mellor que non leas” Con estas palabras de Fran Alonso, novo director de Xerais, ilústrase o díptico que a Consellería de Cultura, Educación e

2018 Ano Internacional da Non Violencia O centenario do fin da Gran Guerra e do nacemento de Mandela, os 75 anos nos que un pequeno grupo de estudantes (A rosa blanca) rompeu co silencio cómplice e enfrontouse a Hitler coas únicas armas da súa palabra, o medio século transcorrido desde o asasinato de Martin Luther King, do maio do 1968 e do levantamento de Praga... serán algunhas das efemérides máis lembradas ao longo de 2018. Todas elas servirán para poñer en valor o peso da historia na sociedade. Escribía o gran orador e político romano Marco Tulio Cicerón na súa obra De oratore que: “A Historia é testemuña dos tempos, luz da verdade, vida da memoria, mestra da vida, legado da antigüidade” ( Orat. II, 36). Posiblemente esaxerase un pouco, pois é dabondo coñecida a elocuencia do orador, pero iso non resta un chisco de razón ás súas palabras. A historia é “mestra de vida” ( magistra vitae) e unha das maneiras máis sinxelas de aproveitar o seu ensino e lembrar os tempos pasados é, nin máis nin menos, que coas efemérides. “Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila” dicía o poeta e filósofo español Jorge Agustín Nicolás Ruiz de Santayana palabras que acollen aos visitantes do bloque número 4 do campo de Auschwitz I. Non esquezamos e lembremos sempre os nosos erros como humanidade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.