E agora unha de adiviñas Adiviña
Solución
Uns gatos nun caixón, cada gato nun rincón, cada gato ve tres gatos, cántos gatos son? Un pan, outro pan, pan e medio e medio pan, cántos pans dan? A unha árbore subín onde mazás había, si mazás non comín e mazás non deixei, cantas mazás tiña? Cánto valen sete sardiñas e media, a euro e medio sardiña e media? Cal é o número que se lle quitas a metade vale 0 Cal é o número que se o pos ao revés vale menos? De miles de fillos que somos, o primeiro eu nacín e son o menor de todos, cómo pode ser así? Redondo son e é cousa anunciada que á dereita valgo algo pero á esquerda nada de nada
Departamento de Matemáticas e Biblioteca do IES Fernando Esquío Visítanos no noso blog: www.blogfesquio.blogspot.com
12 Maio do 2015 Día escolar das matemáticas O XVI Día Escolar das Matemáticas ten como lema “Matemáticas xogando”, cando se acaba de celebrar o centenario do nacemento de Martin Gardner, o gran divulgador das Matemáticas Recreativas, non podiamos celebrar esta data doutro xeito que xogando, disfrutando coas matemáticas lúdicas. Invitámosvos a participar nas actividades que imos levar a cabo con tangram e outros xogos de fichas, pero tamén con maxia matemática e adiviñas matemáticas
Atréveste?!!!