Curso 2008/9
Boletín de biblioteca
número 20
Silencio…Estamos a ler! Editorial
Artigos de interés especial
O rostro humano das matemáticas
Charles Darwin
Sempre experimentando… co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei Orgánica de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio, os centros educativos temos que elaborar e incluír proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas. E neste segundo trimestre como actividade experimental de fomento da lectura, propuxemos ter todos os días vinte minutos de lectura nun tramo horario distinto cada semana. Tendo en conta que: O tempo de ler NON É
Aspectos habituais: Sabedes que?
un castigo: non está destinado a estar en silencio como contraposición a disfrutar xogando, é un tempo de relax, outra forma de lecer.
unha asignatura: non se trata de pedir nada a cambio, non se trata de avaliar a evolución do propio neno. un traballo: o tempo de ler é un tempo de pracer, non debemos “traballar” neses 20 minutos de lectura O tempo de ler É 20 minutos adicados á lectura polo puro pracer de ler, onde cada un elixirá o que quere ler. 20 minutos de descanso e de “desconectar” do ritmo das clases para adicarnos ano noso propio ritmo, o ritmo da lectura. 20 minutos para disfrutar de mirar, de ler, de compartir en silencio Ao remate deste trimestre sacaremos conclusións…
Novidades Toponimia
Que vos parecería ter un club de lectura no que intercambiemos esas impresións e pegadas que nos deixan as novelas, poemas, ensaios ou calquera outra obra que vos interese? Esperamos que nos acompañedes ao comezo do curso, ata entón, disfrutade do verán... sempre con libros.