San Valentín 2018

Page 1

Coñeces a historia do día dos namorados e a lenda de San Valentín? O emperador romano Marco Aurelio Flavio prohibiu aos seus soldados o matrimonio ao considerar que os homes casados eran malos guerreiros. San Valentín, por entón bispo, opúxose convidando ás parellas a acudir a el para casalos en segredo. Informado o emperador, intentou convencelo do contrario, so pena de ser executado. Valentín negouse e,incluso, tratou de converter a Claudio II ao cristianismo. O 14 de febreiro de 270 Valentín foi mallado, lapidado e decapitado. Conta tamén a lenda que mentres esperaba o cumprimento da súa sentencia, namorouse no cárcere da fila cega do carcereiro, Xulia, e que grazas á súa fe devolveulle milagrosamente a vista. Douscentos anos despois, co papa Gelasio I, instituíuse a festividade que hoxe leva o seu nome, o que andando o tempo daría lugar ao Día dos namorados. Por certo, os restos mortais deste santo consérvanse na igrexa de Sa n Antón, en Madrid, a onde chegaron como presente papal á coroa española. (Vía IES Río Cabe, Monforte)

Nº 82 CURSO 2017/18

ESPECIAL SAN VALENTÍN

No día de San Valentín lembramos a poesía… a través da música. En parellas, fixádevos nas letras, investigade na biblioteca ou na casa para atopar aos interpretes…, se tedes presa podedes escoitar as cancións grazas ao código QR ao pé das fotos.

Biblioteca do IES Fernando Esquío

Completade o boletín de participación cos nomes das cancións e os interpretes. Entregádeo na biblioteca, o prazo remata o 16 de febreiro.

Visítanos no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

Participantes no concurso Nome

BOLETÍN DA BIBLIOTECA

Curso

Amor, poesía e música forman unha boa compaña. Participade… sempre hai premio!


TĂ­tulo e autor

TĂ­tulo e autor


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.