Buckminster fuller

Page 1

Richard Buckminster Fuller no DĂ­a da Ciencia en Galego


Richard Buckminster "Bucky" Fuller (1895 - 1983) foi un deseñador, arquitecto, visionario e inventor estadounidense. Tamén foi profesor na universidade Southern Illinois University Carbondale e un prolífico escritor. Durante a súa vida, Fuller buscou resposta á pregunta «Ten a humanidade unha posibilidade de sobrevivir final e exitosamente no planeta Terra e, si é así, como?» Considerándose a si mesmo un individuo medio sen especiais medios económicos ou título académico, elixiu dedicar a súa vida a esta cuestión, intentando descubrir se un individuo podía mellorar a condición humana dunha forma que non podían facer os gobernos, as grandes organizacións ou as empresas privadas.


Buckminster dedicouse a resolver problemas globais relacionados con educación, transporte e ecoloxía a partir destas disciplinas, aínda que non se recoñecese como tal dentro delas.


Foi un dos primeiros activistas ambientais e caracterizouse por ser un home consciente do coidado e o valor que se debese outorgar aos recursos naturais ofrecidos polo planeta. Decidiu traballar baixo o concepto de "facer máis con menos" e, partindo desta idea, cría que tanto recursos coma material de refugallo podían funcionar para reciclarse e así xerar produtos novos cunha linguaxe única.


Acuñou o termo Dymaxion (Dynamic Maximum Tension) para referirse á súa filosofía de obter o máximo de cada material. Esta palabra serviulle como marca que empregou en moitas das súas invencións como: "a casa Dymaxion", "o mapaDymaxion" ou o coche co mesmo nome.


Fuller asegurou que a xeometría analítica natural do Universo estaba baseada en matrices de tetraedros.En 1947, houbo un invento que dominou a súa vida e a súa carreira: a cúpula xeodésica, a cal pode verse aínda en instalacións militares, edificios civís e exposicións. A súa construción céntrase nos principios básicos das estruturas detensegridade que permite montar estruturas simples asegurando a súa integridade "tensional" (tetraedros, octaedros e conxuntos pechados de esferas). Ao estar feita deste xeito son extremadamente lixeiras e estables.


Un tipo de molécula formada exclusivamente por átomos de Carbono leva o seu nome: os "buckminsterfullerene", e coñécense así polo parecido destas moléculas coas cúpulas que Fuller deseñou. Ao longo da súa vida, Fuller tivo 28 patentes, escribiu 28 libros e recibiu 47 títulos honorarios. Mentres que o seu artefacto máis coñecido, a cúpula xeodésica, se produciu máis de 300,000 veces a nivel mundial, o verdadeiro impacto de Fuller encontrámolo na súa influencia sobre as novas xeracións de deseñadores, arquitectos, científicos e artistas que traballan día a día para crear un planeta máis sustentable.

Vía Cultura Colectiva


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.