Folleto da mostra do mesmo título para facer reflexionar aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, ás veces de xeito inconsciente, e darse conta de que formas e maneiras de comportamento habituais como as demostracións de celos, ou o control sobre a vestimenta da parella, as súas chamadas telefónicas, mensaxes ou correos electrónicos, a limitación dos seus movementos en relación ás súas amizades, etc, son en realidade demostracións dun comportamento violento.