A Primeira Guerra Mundial (1914-1918), tivo unhas características que fixeron dela unha guerra diferente, dándose uns feitos ata entón nunca vistos. Un deles foi a reestruturación e orientación total da industria civil cara ao militar, xa que as reservas do exército foron insuficientes para soster un conflito que parecía non ter data de caducidade.