Alicia no pais das marabillas

Page 1

Absurdos… ou non tanto:

BOLETÍN DA BIBLIOTECA Nº 38

Cando Alicia mira o reloxo do Sombreireiro Tolo, comproba que marca os días, pero non as horas. O Sombreireiro respóndelle: E por que ía facelo?, O teu reloxo marca o ano no que estás? É tan válido un reloxo que marque as horas como un que marque os días, as semanas ou os anos. Todo depende da escala temporal que usemos.

CURSO 2011/12

ESPECIAL

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A “Carreira do Caucus”, unha competición onde todos corren libremente, en distintos sentidos, e onde os participantes páranse cando queren. Isto parece incomprensible, pero hai que entender que nós temos un sistema, por convenio, que indica que todos teñen que correr nunha mesma dirección. Porque non ía ser igual de correcto para outros o correr en calquera dirección? No momento da súa publicación produciuse unha especie de cataclismo de risas e burlas. Non houbo lector que non se desternillara e sentise que se estaba reflectindo algo que el coñecía. A pesar que as maiores críticas ían dirixidas ao entorno da Raíña Vitoria, esta divertiuse tanto co libro que solicitou a seguinte obra de Lewis Carroll. A súa sorpresa foi maiúscula cando comprobou que lle traían estudos sobre álxebra e cousas parecidas.

En bioloxía evolutiva por exemplo, cando se fala das relacións hóspede-parásito, adóitase aludir á hipótese da raíña vermella; "correr sempre para seguir no mesmo sitio", e é que un evoluciona para facerse resistente ao parásito, que á súa vez evoluciona para ser máis parásito, e entón o hóspede evoluciona para desfacerse del... evolucionar para quedar sempre no mesmo sitio...

24 Outubro: Día das Bibliotecas Escolares Neste día queremos achegarnos ao autor de “Alicia no país das marabillas”, ou do subsolo, como se chamou nun principio, Lewis Carroll. Non só escribiu esta obra narrativa pero ao que máis se adicou na súa vida foi ás matemáticas, de feito se lemos Alicia ao miúdo non só atopamos as peripecias dun coello con moita présa ou un gato que se fai invisible, tamén asistimos a unha exposición que critica á sociedade e as súas tradicións, ademais dunha presentación de teorías e xogos de lóxica.

Entra neste mundo de tolemia e disfruta! IES Fernando Esquío Empedrón nº 16 Neda 15510 A Coruña

Visítanos na páxina: www.blogfesquio.blogspot.com

Nome e grupo ____________________________ Nome e grupo ____________________________

Busca outr@ amig@ e participade por parellas nos concursos: 1. resolvendo o mate-enigma e o encrucillado, 2. si tes boa man ilustra un dos capítulos da obra…

Sempre hai premio!


Encrucillado

Mate-enigmas Resolve estes enigmas empregando a túa audacia, non precisas a calculadora. 1. Cando Alicia está a tomar o té cos seus amigos, o Sombreireiro tolo saca un reloxo estragado e o arranxa con manteiga, pero que reloxo é o máis axeitado, o que non funciona ou ben o que atrasa dous minutos cada día? Razoa a túa resposta, cando marcan a hora correcta?

2. A Lebre lle pregunta a Alicia: cantas tortas podo comer coa barriga baleira? cantas comerías ti?

3. Cantas veces se pode restar 8 a 56?

4. Cando Alicia sae do mar de bágoas atopa unha

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15

Raíña popular na historia Gato da duquesa Mes no que as lebres vólvense agresivas Xogo popular no reino Alicia atopa na casa o que o coello está a buscar Especia que provoca mal carácter na xente Apelido real do autor Premio que recibe Alicia tras a carreira Animais empregados como bolas no xogo Lugar onde Alicia cre que chegará ao caer polo túnel Apelido alcume do autor Moeda valor do sombreiro Animal xa extinto co que fala Alicia Estraño aparello do que fuma a eiruga Materia que aprendía o Grifo co mestre de linguas clásicas

praia chea de animais, e un deles estaba a debuxar na area cunha vara e pregúntalles: quen de vós pode debuxar os cadrados sen levantar o lapis? e ti, poderías facelo?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.