MarĂa Wonenburger Planells
O 19 de xullo de 1927 nace María Wonenburger Planells en Montrove (Oleiros). A familia do seu pai, Julio Wonenburger, é orixinaria de Alsacia; a da súa nai, Amparo Planells, de Valencia. A súa é unha infancia feliz na que goza do contacto coa natureza e dos xogos infantís tradicionais.
1931 Ingresa no Colexio Francés da Coruña para comezar os seus estudos, axiña descobre a súa destreza e afección polo cálculo matemático. Para ela é particularmente atraente o concepto da multiplicación.
1937 A familia de María Wonenburger Planells regresa de novo á cidade da Coruña. Ela ingresa no instituto coruñés Eusebio da Guarda para cursar o bacharelato.
1945 María trasládase a Madrid e instálase na Residencia de Señoritas situada na rúa Fortuny. Matricúlase na Universidad Central de Madrid para cursar estudos de Matemáticas.
1950 Finaliza os estudos de licenciatura coa primeira promoción de licenciadas e licenciados en Matemáticas pola Universidad Central de Madrid, coa carreira feita en cinco anos. Ata entón a licenciatura viña sendo de catro anos e denominábase Ciencias Exactas.
1950 Inicia os estudos de doutoramento na Universidad Central de Madrid. Esta etapa ten unha duración de tres anos e consiste na asistencia a encontros matemáticos e a conferencias. Algunhas delas déronas profesores como Erns Witt ou Julio Rey Pastor, que lle propuxeron diversas colaboracións.
1953 María termina neste ano os estudos de doutoramento. É unha alumna destacada, polo que os seus mestres non dubidan en animala a continuar a súa formación en universidades estranxeiras. Na primavera María recibe a confirmación de que lle outorgaron a bolsa Fullbright (1ª edición). Realiza a súa viaxe aos EE UU no Constitution, barco que parte do porto de Xibraltar o 15 de xullo e chega ao seu destino cinco días despois . Pasado un período de formación chega á Universidade de Yale e comeza os seus estudos baixo a dirección de Nathan Jacobson, un dos alxebristas máis destacados do século XX.
1957 María Wonenburger obtén o título de doutora coa investigación On the Group os Similitudes and Its Projective Group dirixida por Nathan Jacobson. Durante os meses de verán traballa no Laboratorio de Física de Yale, colaborando na obtención das solucións dunha ecuación de tipo Coulomb.
1960 María comeza a elaborar artigos para revistas especializadas. Publica “El grupo simpléctico” en Gaceta Matemática e tres artigos máis na Revista Matemática Hispanoamericana: “. Neles destaca o seu interese polos problemas de clasificación dos grupos. Ocúpase máis en concreto dos grupos simples porque permiten determinar todos os grupos.
María Wonenburger defende e publica a segunda tese de doutoramento, dirixida por Germán Ancochea, co título Representación espinorial de los grupos de semejanza. No entanto, por cuestións puramente administrativas, María non recibe o título de doutora correspondente a este traballo ata o ano 2008.
1962 María Wonenburger acepta unha oferta de traballo para dar aulas na Universidade de Toronto; é, daquela, a única muller que ocupa un posto de Assistant Professor de matemáticas nesta institución. Robert Moody, coa dirección de María Wonenburger dirixe a tese baixo o título Lie Algebras Associated With Generalized Cartan Matrices, defende a súa tese de doutoramento. A finais deste curso, María deu por terminada a súa estadía en Toronto.
1966 María trasládase a Búfalo, permanece un ano na universidade desta cidade como Associated Professor e imparte Álxebra María Wonenburger publica dous novos artigos no Journal of Mathematics and Mechanics.
1967 María incorpórase como Full Professor á Universidade do estado de Indiana, onde permanece ata 1983. Aquí desenvolve unha importante labor docente e investigadora.
1968 Robert Moody publica a tese de doutoramento presentada dous anos atrás e que realizara baixo a dirección de María Wonenburger Planells. Trátase da investigación que dá orixe ás álxebras coñecidas na actualidade co nome de Kac-Moody e polas que a comunidade científica recoñece a Wonenburger como unha matemática de primeira liña. 1983 Por motivos persoais e familiares, concretamente por causa da delicada saúde da súa nai, María decide regresar á Coruña e deixar a súa carreira profesional. Isto non significa que abandone a disciplina matemática. Ata a actualidade continúa mantendo un contacto diario coas matemáticas a través da lectura de libros e revistas de álxebra que conforman a súa valiosa biblioteca persoal e a través da redacción dalgún artigo. Segue a cultivar tamén as súas afeccións pola música, polo teatro, pola lectura, o aprecio polas amizades e a alegría de vivir.
2001 María Wonenburger Planells, xunto coa súa descendencia matemática, asiste no Banff Centre de Canadá á xornada Reflections in Symmetry.
2002 No transcurso dun congreso sobre Xeometría Alxebraica realizado na USC, o profesor Federico Gaeta reivindica a distinción da matemática coruñesa María Wonenburger Planells. Anima a María José Souto Salorio, da UDC, a que dea a coñecer esta importante matemática de destacada fama internacional e descoñecida en España .
Premios 2006 No III Congreso da Asociación Galega de Profesores de Ensino das Matemáticas (AGAPEMA), que tivo lugar en xuño, acórdase nomear socia de honra da Sociedade a María Wonenburger Planells
2006 O 16 de decembro é homenaxeada na xornada de presentación da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia
2007 No mes de febreiro María Wonenburger é nomeada socia de honra da Real Sociedad Matemática Española (RSME). O galardón por esta distinción élle entregado no mes de xullo, no acto de clausura da Escola de Educación Matemática Miguel de Guzmán, no Pazo de Mariñán.
2007 No mes de marzo recibe o premio Mulleres Ciencia Arte. Trátase da I edición dun premio creado pola Oficina de Igualdade de Xénero da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Comunicación da Universidade da Coruña que ten a finalidade de recoñecer e facer visible o traballo de mulleres nos diferentes campos científicos e artísticos.
2007 No mes de xullo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou que os premios anuais da Unidade Muller e Ciencia pasen a denominarse María Wonenburger. 2008 No mes de maio, a comunidade educativa do IES Eduardo Blanco Amor decide darlle o nome de María Wonenburger Planells á súa biblioteca. 2008 Incorporan a María Wonenburger Planells á exposición Mulleres matemáticas con panel propio. Trátase dunha exposición itinerante que percorre varios institutos de ensino secundario. 2009 Na súa asemblea de decembro, a delegación da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) da Coruña acorda solicitarlle ao Concello da Coruña o nome dunha rúa para a insigne matemática María Wonenburger
2010 Varias entidades propoñen que o IES Cruceiro Baleares de Culleredo pase a chamarse IES María Wonenburger O 20 de setembro entre os actos de apertura do ano académico 2010-2011 ten lugar o investimento de María Wonenburger como Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña. O 28 de outubro ten lugar en Compostela a xornada María Wonenburger Planells na creación do coñecemento, organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e a USC coa colaboración coa UDC.