Nº 80 outono 17

Page 1

Curso 2017/18

Boletín de biblioteca

número 80

A Biblioteca Escolar. . . para aprender a pensar Editorial

Contido  Biblioteca escolar… para aprender a pensar  Voltamos aos clásicos con Sir Walter Scott  Novo grupo de Manga e Anime no club de lectura  Calendario ortográfico 2018

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios das bibliotecas ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Por iso o Ministerio de Cultura, apoiando esta celebración, todos os anos edita un cartel cun texto conmemorativo ao igual co departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U facendo visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR. Lugar indispensable xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego.

Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa.

Voltamos aos clásicos con Sir Walter Scott

Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias

Neste ano 2017 fai 185 anos desde que Sir Walter Scott finou. Autor destacado na literatura escocesa e universal quixemos traelo ao homenaxe que facemos polo día das BEs pola calidade das súas obras e porque os clásicos nunca morren. Houbo un tempo en que non había mellor autor de novela histórica que Walter Scott e falar das súas novelas históricas era falar tamén de novelas de aventuras. Estas características convertíano nun autor clásico da literatura xuvenil. Nas súas novelas hai piratas, nobres escoceses e, está claro, cabaleiros; o máis nobre de todos eles Ivanhoe, protagonista dunha novela extensa pero apaixonante. Moitos dos profesores do centro lembramos da nosa infancia as obras e películas baseadas nas obras deste autor, Ivanhoe (case podemos escoitar a música da película na nosa cabeza...), Rob Roy, Robin Hood...

A obra de Scott está considerada como unha das máis influentes no continente europeo. As súas novelas foron levadas ao teatro, ao cinema e a televisión en multitude de ocasións e a súa figura alíñase coa dos grandes autores da literatura universal.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.