LECTORES ADULTOS
BOLETÍN DA BIBLIOTECA
Pérez Reverte, A.:Falcó. Alfaguara
Nº 75 CURSO 2016/17
ESPECIAL NADAL
«O mundo de Falcó era outro, e alí os bandos estaban perfectamente definidos: dunha parte el, e da outra todos os demais.» A Europa turbulenta dos anos trinta e corenta do século xx é o escenario das andanzas de Lorenzo Falcó, ex contrabandista de armas, espía sen escrúpulos, axente dos servizos de intelixencia. Durante o outono de 1936, Falcó recibe o encargo de infiltrarse nunha difícil misión que podería cambiar o curso da historia de España.
Aramburu,F.: Patria. Tusquets O día en que ETA anuncia o abandono das armas, Bittori diríxese ao cemiterio para contarlle á tumba do seu marido o Txato, asasinado polos terroristas, que decidiu volver á casa onde viviron. Poderá convivir con quen a acosou antes e despois do atentado que trastornou a súa vida e a da súa familia?
Redondo, D.: Todo isto che darei. Xerais Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a sospeita que Nogueira, un garda civil xubilado, ten de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental.
IES Fernando Esquío Empedrón nº 16 Neda 15572 A Coruña Tlf 981391080 FAX 981391280
Visítanos no noso blog:
www.blogfesquio.blogspot.com
"Amar a lectura é trocar horas de hastío por horas de inefable e deliciosa compañía” John Fitzgerald Kennedy
Feliz Nadal