Boletín de outono

Page 1

Curso 2012/13

Boletín de biblioteca

número 47

A Biblioteca Escolar: acelerador de innovación Editorial

Contido  Ano Internacional da cooperación na esfera da Auga  De novo Tintín  III Día Inetrnacional da Ciencia en Galego  Charles Dickens no dia das BEs

As bibliotecas escolares viviron nos últimos anos importantes transformacións grazas á inversión tanto da administración como das persoas implicadas na súa xestión, non son as bibliotecas que vivimos os profesores… Todo ese traballo iniciouse cun só obxectivo, ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Este curso algún profesor presentou a nosa biblioteca como o lugar máis agradable do centro, e é certo, a biblioteca ten que crear un ambente relaxado para o trasego e adquisición de coñecemento, pero tamén ten que contar con xente que a mova, que a active ; con os seus recursos e iniciativas a biblioteca ten que posibilitar dinámicas de traballo diferentes, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.

Axúdanos a seguir activando a nosa biblioteca, axúdanos a mellorar, aporta as túas ideas, estámosche esperando!

Ano Internacional: pola cooperación na esfera da Auga

Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias

O 2013 foi declarado pola ONU Ano Internacional pola Cooperación na esfera do Auga co obxectivo de dar "a coñecer o potencial de aumentar a cooperación e os desafíos que enfronta a xestión do auga no contexto dunha maior demanda de acceso ao auga, de distribución e servizos". Vivimos nunha zona onde a auga, polo de agora, non é un ben escaso pero noutras zonas é motivo de desgraza tanto pola súa ausencia como pola súa chegada inesperada, pensemos no Sahel ou nas últimas chuvias no sur do noso país. Neste curso imos traballar o tema do dereito á auga e, polo de agora propoñémoste un canal de vídeo, un xogo simulador ¡Alto ós Desastres! e unha

enquisa sobre o auga do ciberbus de Nacións Unidas para descubrir canto coñeces realmente dela. Non esquezas que na biblioteca podes atopar varios libros tamén sobre o tema!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.