Outono 13

Page 1

Curso 2013/14

Boletín de biblioteca

número 54

Ler ciencia na Biblioteca Escolar Editorial

Contido Ano Internacional da Estatística Asterix e Obelix no día das Bes Entrevista a Uderzo III Día Inetrnacional da Ciencia en Galego

Cando pensamos en visitar a biblioteca sempre temos na cabeza achegarnos a ela como fonte de recursos, imos a consultar os seus fondos para facer un traballo ou solventar algunha dúbida, ou ben para perdernos polos seus andéis e atopar ese libros agochado que espera durminte a nosa chegada para empezar a vivir nos nosos ollos. Pero… que pasa últimamente?, atopamos esas obras que sen ser puramente narrativas nin de referencia nos enchen os ollos de ledicia. Tamén podemos ler ciencia na biblioteca escolar! Nos itinerarios lectores de Matemáticas e Economía descubrimos autores que nos falan desas mortíferas mates, do asasinato do profe de matemáticas, de portas que se abren, da historia do cero, de Obelix y cía, da boa sorte e da boa crises moitas obras que, sendo narrativa e outras incluso banda deseñada nos arrincan un sorriso e un momento de meditación polos temas que

abordan. As veces son obras de referencia con títulos como La historia de la ciencia (¡ATENCIÓN! Este libro se salta las partes aburridas) ou Cartas a Nuria…. Se ti queres tamen ler ciencia… estámosche esperando!

Ano Internacional da Estatística Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias

A celebración do Ano Internacional da Estatística ten por obxecto o recoñecemento a nivel mundial da contribución que a estatística realizou ao longo dos años ao progreso da nosa sociedade. Os principais obxectivos de Statistics2013 son:  Incrementar el coñecemento sobre o impacto que a estatística ten en todos os aspectos da sociedade.  Promocionar a estatística como profesión, especialmente entre os rapaces  Promover el desenrolo das ciencias estatísticas.

Neste trimestre imos ter unha exposición sobre o tema para que disfrutedes dela e vexades a estatística non só como unha mera tecnoloxía de análise de datos, invitámosvos a visitala pero antes visita o Instituto Nacional de Estatística e proba canto sabes (preme na imaxe)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Outono 13 by begonals - Issuu