Curso 2015/16
Boletín de biblioteca
número 67
A Biblioteca Escolar Base de Exploracións Editorial
Contido Biblioteca escolar… Base de Exploracións Rudyard Kipling no día das Bes Ano Internacional da Luz 100 Anos da teoría da Relatividade e Einstein. Adeus Neira Vilas, quedamos con Balbino
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. Este curso ofertamos a materia Investigación e Tratamento da Información en 1º da ESO e 1º de BAC para apoiar ao resto das materias no desenrolo da competencia de “aprender a aprender”, competencia que forma parte do crecemento do ser humano. Visitade a nova sección de Píldoras ALFIN porque a biblioteca escolar pon á disposición dos membros da comunidades escolar recursos tanto con fondos internos como outros procedentes de organismos culturais, científicos e, por suposto, os creados no resto das BEs de Galicia, sempre de calidade!
Ano Internacional da LUZ
Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias
En 2015 celébrase o Ano da Luz porque coinciden varios aniversarios relacionados co seu estudo científico. Entre outras cousas, cúmprense 100 anos dos traballos de Albert Einstein sobre a luz. Ademais da súa importancia en si, porque supuxeron un gran salto na comprensión teórica da radiación electromagnética, Einstein deu un espectacular exemplo de que os físicos teóricos non sempre van a remolque dos experimentos, tratando de explicar das medicións realizadas (como si fixo Newton coa súa lei da gravidade). En 1915 Einstein realizou unha predición baseada na súa teoría xeral da relatividade: normalmente non se pode ver un obxecto situado tras un obstáculo, xa que a luz do obxecto desprázase en liñas rectas que son bloqueadas polo obstáculo. Supoñamos que hai unha estrela detrás do Sol. Non poderemos vela porque o Sol é tan brillante que non lograriamos ver a estrela aínda que en lugar de estar detrás del estivese á beira do Sol.
Supoñamos que esperamos un eclipse total. Seguiremos pensando que non imos ver a estrela que se atopa detrás. E é precisamente aquí onde a teoría de Einstein predice que si que poderemos ver algunhas estrelas situadas detrás do Sol, porque a luz que emiten traza unha curva ao aproximarse ao Sol, e chega ata os nosos ollos. Ao pouco tempo de que Einstein realizase esta predición estalou a Primeira Guerra Mundial, na cal Inglaterra e Alemaña eran inimigas. Aínda que Einstein era alemán, o seu predición foi confirmada o 29 de maio de 1919 por unha expedición británica enviada a observar un eclipse solar total nunha illa situada xunto á costa africana. Foi un excelente exemplo da irmandade entre científicos unidos por un propósito que traspasa ata as barreiras erixidas por nacións en guerra. Ver en El País