Curso 2016/17
Boletín de biblioteca
número 73
A Biblioteca Escolar. . . Territorio das Artes Editorial
Contido • Biblioteca escolar… Territorio das Artes • Boletín de outono, pero por qué? • No Día das BEs: Roahl Dahl • 100 Anos do bombardeo de París cun zeppelin. Sabías que? • Táboa de elementos: periódica e ortográfica
O 24 de outubro é, desde hai 20 anos, o Día da Biblioteca, dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres da "periferia", a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas.
expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas. Desde a nosa biblioteca rescatamos o fondo sobre as distintas manifestacións artísticas, ampliámolo e, ademais de expoñelo na galería do centro o podemos consultar nun Pinterest: Ler Arte
En Galicia, a campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso 2016/2017 lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... vivir é experimentar e compartir, pero tamén
Boletín de outono, pero ... por qué? Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados Novidades Suxerencias
Moitos séculos atrás, os nomes das estacións procedían do latín clásico: distinguíanse entre ver, que era o bo tempo, e hiems ou hibernum tempus, que era o mal tempo, o inverno. A palabra ver indicaba a estación do crecemento das flores e dos froitos. A esta longa estación fixéronselle subdivisiones. Ao comezo da primavera chamoullo vere primo, sen ser aínda o nome dunha nova estación. Cara ao ano 1490 quedou fixado o nome da estación: prima beira. O verán, provén de ver (Primavera) e a abreviación de veranum tempus (período que antigamente era o que hoxe coñecemos como final da primavera e principios do verán). Por último, coa palabra aestivum (estío) designábase o final da estación calorosa, é dicir o resto
do que hoxe coñecemos como verán. O nome das outras estacións eran autumnum (fixádevos a semellanza coa palabra noutras das linguas que estudiades) e hibernum. Así é como se coñecían 5 estacións no canto das 4 actuais. Posteriormente, a partir do século XVII, volveuse ao sistema de catro estaciones que utilizaran antigamente os romanos. Chamaríanse definitivamente como as coñecemos na actualidade. Cal é a túa favorita?... Fíxate nas árbores e a cor das paisaxes, cómo os bosques e os animais se están a preparar para o final do ano e a falta de luz. Unha marabilla!