Curso 2018/19
Boletín de biblioteca
número 87
Poéticas diversas na Biblioteca Escolar Editorial
Contido Poéticas diversas na Biblioteca Escolar Porque gustamos do misterio: Agatha Christie Desde Neda ata Neptuno
O 24 de outubro é unha data sinalada como Día unha biblioteca escolar activa, e que da Biblioteca no Calendario do Libro e da este ano o cartel foi interpretado pola Lectura que todos os anos vén publicando a ilustradora Nuria Díaz. Xunta de Galicia, e está salientado nas axendas de todos cantos traballan a prol das bibliotecas, o libro e a lectura, desde que hai máis de vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxera a celebración deste día. Na actualidade, o Ministerio de Cultura edita todos os anos un cartel conmemorativo e un pregón, e propón actividades para a súa celebración, entre outros, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro. Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares. O cartel contén un lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece
Porque gustamos do misterio: Agatha Christie
Os de sempre: Sabías que? Premios e premiados
Nestes últimos anos polo día das Bibliotecas Escolares vos achegamos un autor de reconocido prestixio para descubrirllo aos novos e para reler entre os bos lectores. Se queredes ver a listaxe dos anos anteriores podedes visitar o noso googlesite No día das BEs falamos de... Normalmente a escolla se facía por algunha conmemoración e neste caso non é así. Non hai efeméride sobre Agatha Christie pero a súa figura e as súas obras son tan importantes que non imos esperar a ningunha data.
Novidades Suxerencias
Agatha Christie coñécese como a gran dama do misterio, escribiu 66 novelas policíaca, 6 novelas románticas e 14 novelas curtas, poesía e teatro. O Libro Guinness dos Récords cualificou a Christie como a novelista que máis obras vendeu de todos os tempos. Vendéronse dous mil millóns de copias, posicionándose os seus traballos como os terceiros máis vendidos no mundo, só por detrás das obras de William Shakespeare e a Biblia. Desde pequena, Christie converteuse en
lectora de Walter Scott, John Milton, Alexandre Dumas, Jane Austen e Arthur Conan Doyle. Aínda que Christie prefería a Dickens, estaba convencida de que sería capaz de escribir historias como as de Doyle. Agatha e a súa irmá Madge lían os seus relatos de detectives desde que tiñan oito anos e nunha ocasión a súa irmá queixábase de que nestas novelas resultaba moi fácil atopar ao asasino case desde o primeiro capítulo, Ágata propúxose demostrarlle que non era así, que se podía escribir un misterio irresoluble ata o final. E parece que o conseguíu!