Sshh... estamos a ler

Page 1

I Certame Fotográfico do mes do Libro e a Lectura

Sshhh… estamos a ler

A biblioteca do IES Fernando Esquío convoca o

I Certame Fotográfico Sshh… estamos a ler


Bases  Dirixido ao alumnado do centro IES Fernando Esquío.  Baixo o lema “Sshh… estamos a ler” as fotos trataran da lectura no mundo cotiá.

 As fotos serán orixinais.  A participación será individual e cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotos.

 As fotos presentaranse en formato dixital, vía correo electrónico ( fesquio@gmail.com) indicando autor/a e grupo.

 O formato admitido será o jpg, habitual en cámaras dixitais, teléfonos móviles etc… cun tamaño máximo de 5 MGs.

 En caso de facer constar dereitos de autor, a única licencia admitida será Creative Commons.

 As fotografías faranse públicas no blog da biblioteca (www.blogfesquio.blogspot.com) e no taboeiro da biblioteca na galería de entrada ao centro.

 Os premios poden quedar desertos.  O xurado estará formado polo equipo da biblioteca e a súa decisión será inapelable.

Premios 1º premio: cheque valor 25€ a canxear en calquera librería con factura a nome da biblioteca do IES Fernando Esquío*. 2º premio: cheque valor 20€ a canxear en calquera librería con factura a nome da biblioteca do IES Fernando Esquío*.

Prazo presentación 20 de abril do 2014 * O gañador/a indicará previamente o nome da librería seleccionada.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.