Donas de sí

Page 1

Ilustración:Isabel Ruíz Ruíz

Ada Lovelace

Mulleres con historia

Donas de si

Augusta Ada Byron, condesa de Lovelace (1815-1852), hoxe coñecida como Ada Lovelace, era a filla do poeta inglés Lord Byron e Annabella Milbanke. Foi unha muller especial en plena época victoriana. Tivo a sorte de ter unha nai rica e pouco convencional, da que herdou a paixón polas matemáticas, e puido estudar na Universidade de Londres e frecuentar a figuras da ciencia e da arte, como Faraday o Dickens. Coñeceu ao matemático Charles Babbage, considerado o pai da computación, que deseñou unha máquina calculadora mecánica. Ada inventou unha notación para describir algoritmos na máquina de Babbage, creando así a primeira linguaxe de programación. Tivo que asinar o seu traballo coas súas siglas AAL, para que non a censuraran por ser unha muller.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Donas de sí by begonals - Issuu