A reportaxe televisiva

Page 1


Unha reportaxe é un xénero periodístico que pretende informar a fondo sobre un asunto de interese xeral. Para isto, debe partir dunha investigación previa e incluír distintas fontes que amplíen a información.


En primeiro lugar escollemos un tema (que queremos facer?) Despois temos que buscar información en distintas fontes: libros, páxinas web, preguntamos a persoas expertas ou implicadas, consultamos informes ou estatísticas sobre o asunto…


Planificamos o traballo: 

Coa información recollida, escollemos o punto de vista que queremos adoptar (que intención temos con esta reportaxe?), é dicir, como imos abordar o asunto que tratamos. Isto supón que seleccionaremos a información recollida, porque non toda nos vai valer para darlle o enfoque ou punto de vista que queremos. Elaboramos un guión flexible do que imos facer (partindo do que queremos explicar, debemos pensar en: Con quen teño que falar? Que quero preguntar? Que lugares debo visitar? Que imaxes teño que grabar?...)


Redacción: unha vez grabadas as imaxes, temos que pensar no guión definitivo. Debemos unir imaxes e elaborar o texto de maneira que o que imos contar sexa coherente, que teña unha orde lóxica. Tede en conta que ás veces as imaxes e entrevistas poden explicar o tema, polo que só teredes que unilas de xeito que todo teña sentido. É moi importante que sexades claros e rigorosos, que vos baseedes en datos para interpretar a realidade, pois debedes ser o máis obxectivos posible.


Para redactar tede en conta:  

É importante buscar un título atractivo. A reportaxe adoita iniciarse cunha entrada na que se capta a atención dos oíntes e se ofrece unha breve explicación do tema para introducilos (podedes empregar unha voz en off, sempre a mesma; saír vós como reporteiros; empregar unha secuencia de imaxes e son). Podedes incluír entrevistas (estas poden introducirse con voz en off e incluso intercalar imaxes entre elas). Cerrade a reportaxe dun xeito chamativo, retomando o tema para falar das súas consecuencias ou de posibles implicacións ou interpretacións que teña. Así deixaredes a vosa pegada no público.


Non esquezas poñer ó final quen se encargou de: elaborar o guión da reportaxe,  narrar o contido da mesma,  sacar as fotos (se as hai),  facer a montaxe, Se introducides música debedes indicar o autor/es e o título da peza/s que empregades. 


https://www.youtube.com/watch?v=4Q6t_dHoNRc

Tema: aumento da matriculación de licenciados na FP. Enfoque: analizamos as causas deste feito. Fontes: entrevistas, estatísticas, centros de FP… Plainificación: entrevistamos a varias persoas que están nesta situación; acudimos ós centros de FP e falamos cos responsables para averiguar o número de persoas que están neste caso e investigar as causas da súa matriculación (a ausencia de traballo dos licenciados lévaos a buscar outras alternativas profesionais). Concluímos coa opinión do centro (a FP debería ser a primeira alternativa hoxe en día, a sociedade non a valora aínda e sería necesario cambiar a maneira que ten de vela). Consellos: https://www.youtube.com/watch?v=SWj0LQWZkR8


 

http://es.calameo.com/read/000474463b6d4bd75259a http://www.academia.edu/528947/Tips_para_realizacion_ de_reportajes_de_television http://es.slideshare.net/edgarcajun/cmo-hacer-unreportaje-multimedia http://issuu.com/pirracas/docs/conv__rtete_nun_super_r eporteiro/2?e=0/9613497


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.