A Cabeza de Medusa levounos a pensar noutros mitos onde non se respectou a vontade dunha muller
Apolo e Dafne Apolo, o deus do sol e a música,era ademais un gran cazador. Un día quixo cazar á gran serpente pitos que vivía no monte Parnaso,atopouna e, despois de ferila coas súas frechas seguiuna ata o templo de Delfos, un lugar sagrado onde ían ata os deuses ver ao oráculo, polo que se ofenderon ao ver que alí se cometera un asasinato. Pedíronlle a Apolo que o amañase dalgunha maneira, pero Apolo quería Delfos, así que apoderouse do oráculo e fixo que alí se celebraran uns xogos anuais. Orgulloso do que fixera, burlouse de Eros (deus do amor) dicíndolle que o arco e as frechas non eran armas para el, que se contentara con repartir o amor e que non comparara as súas vitorias coas del. Eros, enfadado, colleu dúas frechas, unha de ouro (a do amor) e outra de ferro (a do odio). Coa de ouro disparoulle a Apolo e coa de ferro á ninfa Dafne, a ambos no corazón. Apolo namorouse ao momento de Dafne pero esta, aborreceuno completamente.. Apolo comezou a perseguir a Dafne, que tivera moitos pretendentes mais nunca aceptara a ningún, e cando viu que Apolo estaba a punto de atrapala rogoulle a seu pai Peneo. De repente a súa pel transformouse en cortiza de árbore, o seu cabelo en follas, os seus brazos en ramas e os seus pés enraizáronse na terra. Apolo prometeulle que aínda que non puidera ser a súa muller, sempre a querería e que as súas ramas serían as coroas do heroes; para iso usou os seus poderes para facer que sempre estivera verde. O mito de Apolo e Dafne pertence á mitoloxía grega e é relatado por Ovidio en As Metamorfoses. Sara Muíña Ramil, 3ºB
Europa era filla do rei Axenor e da raíña Telefasa, que gobernaban a illa de Creta. Era unha muller moi bela á que seus pais querían moito. Contan que un día, na praia de Sidón, Europa e as súas amigas estaban xogando e bañándose, cando Zeus a viu e quedou marabillado da súa beleza, polo que prendouse dela. Como Zeus sabía que Europa podía rexeitalo se se presentaba naturalmente, transformouse nun touro branco que se rendiu aos pés da doncela. A muller, ao principio, asustouse do animal, pero despois colleu confianza ata que se montou na seu lombo. Zeus, cando viu que Europa montaba, partiu hacia o mar con ela, ata chegar a Gortina. Os irmáns e a nai de Europa saíron na súa busca, pero non conseguiron atopala. En Gortina, Zeus uniuse con Europa nunha fonte e desta unión naceron tres fillos: Minos, Sarpedón e Ramadantis. Zeus non podía quedarse con Europa, entón fíxolle tres regalos: o primeiro foi Talo, un autómata que protexería Creta contra os inimigos extranxeiros; o segundo, un can que nunca fallaba nas cacerías; e, por último, unha xabalina que sempre, sen excepción, acertaba no punto elixido. Para compensala por completo, fixo que se casara con Asterión, quen, ao non ter fillos, adoptou os deles. Cando Europa morreu, concedéronselle os honores divinos e o touro no que se transformara Zeus converteuse nunha constelación e, incluso, nun signo do zodíaco.
Aurora Rodríguez, 1ºBAC
Zeus e Eco Eco era unha fermosa oréade (ninfa da montaña) moi simpática e faladora, educada por Musas e criada por ninfas, unha das ninfas máis alegres que conquistaba a mortais e Deuses tanto pola súa beleza, como polas súas sedutoras conversas. Coa súa incesante perorata entretiña a Hera (Deusa do matrimonio e irmá e esposa de Zeus), polo que o pai dos deuses gregos (Zeus) viuse atraído pola súa impresionante beleza. Zeus apareceuse ante ela mostrando só parte do seu esplendor e así Eco, cegada pola maxestuosidade do deus accedeu aos seus desexos carnais. Pero a paixón durou pouco, posto que Hera seguira ó seu marido (probablemente entrevendo as súas intencións) e descubriunos. O enfado da deusa foi tal que separou a Eco dos brazos do seu infiel marido e lanzouna polos aires. Hera, aínda vendo que a pobre ninfa estaba semi-inconsciente, decidiu pensar o mellor castigo para ela. Finalmente, condenouna a non poder falar nunca máis (posto que era tan faladora). Zeus, sentíndose culpable (e con razón) do castigo que a Eco lle impuxera a súa esposa, tratou de reducir a pena da ninfa deixándolle repetir as últimas sílabas das palabras que escoitara. Eco, avergoñada, retirouse dos bosques que adoitaba frecuentar a covas profundas e altas montañas. E esa é, entre outras cousas, unha proba de, como xa na antiga Grecia, se castigou antes á muller seducida polos encantos divinos e non ó marido infiel. Pero posto que Zeus era o deus dos deuses, tampouco vexo neste mito unha fiel interpretación da sociedade actual. Noelia Cartoy Pacín, 1º BAC
Zeus e Metis A primeira muller de Zeus foi Metis, filla do océano e personificación da prudencia. Metis foi quen lle proporcionou a Zeus o bebedizo que fixo que o seu pai Cronos vomitase a todos os seus fillos, aos que devorara. Zeus desexaba deitarse con Metis, pero ela non quería cumprir o seu desexo. Para escapar do deus, Metis adoptaba distintas formas. Finalmente, Metis non puido escapar e Zeus conseguiu o seu obxectivo. Metis quedou embarazada, pero un oráculo de Gea e Urano advertiu a Zeus de que, se Metis tiña unha filla muller, logo tería un fillo varón que sería máis poderoso ca Zeus e que o destronaría. Para evitalo, Zeus pediulle a Metis que lle demostrase que podía convertirse nunha gota de auga. Cando ela o fixo, Zeus devorouna. Metis atopouse entón no interior de Zeus, desde onde lle transmitía os seus coñecementos máxicos. Zeus berrou e a súa cabeza inchouse. Ao escoitar o seu berro, Hefesto achegouse e, por orde de Zeus, partiulle o cranio cunha machada. Da cabeza de Zeus saíu Atenea, deusa da intelixencia, armada con escudo, coiraza, casco e lanza de ouro e totalmente adulta. Carmen Pavón Souto, 2ºA
ZEUS E IO Io era unha doncela de Argos, filla de Ínaco, que era a sacerdotisa da deusa Hera. Zeus, pai dos deuses e dos homes, gobernaba no Monte Olimpo, era o deus do trono e do cielo. Este presentabase nos soños de Io dicíndolle que lle entregara o seu corpo. Cando llo contou a seu pai, Ínaco foi consultar un oráculo, este aconselloulle que expulsara a súa filla da casa ou Zeus exterminaría a todo o seu linaxe. Obedeceu e finxiu non saber nada dela, pero ao pouco tempo arrepentiuse e envíou a Cirno para que a buscara. Este chegou ata Caria, pero ao non dar con ela, quedou alí por medo a volver sen cumprir a súa misión. Mentres tanto, Ío entregárase a Zeus; sen embargo, foron sorprendidos por Hera, que vixiaba ao seu marido por causa dos celos. O deus para salvar a Io, convertiuna nunha tenreira branca. Hera esixiulle ao seu home que lla entregase e ordeoulle ao xigante de cen ollos Argos que a vixiara. Pero Zeus, desconforme, encargoulle a Hermes que rescatara a súa amada. Transformouno nun paxaro e mandouno ata a árbore onde ela estaba atada. Hermes durmiu ao xigante coa súa flauta e matouno. En recompesa polo que fixera Hera puxo os seus ollos no rabo do pavo real e clamou vinganza. Atou aos cornos da vaca un tabao que a picaba sen cesar, polo que a obrigou a fuxir polo mundo enteiro. Atravesou por todo o mar Xónico e proseguiu por África. Por último foi a Exipto, onde se encontrou con Zeus e devolveulle a súa forma humana. Antonio Cendán 4ºB
O Mito de Alcmena e Zeus Alcmena era filla de Electrión e neta de Perseo e Andrómeda. Todo comezou coa expedición de Anfitrión para vingar a morte dos irmáns de Alcmena combatindo contra os telebeos. A noite anterior de volver de Anfitrión, Zeus, o deus dos deuses, fíxose pasar polo marido de Alcmena. Daquela, como proba de ser o seu marido e para deixar constancia de que vingara a morte dos seus irmáns, entregoulle unha copa froito da batalla contra os tebeos. Zeus, para disfrutar máis da beleza de Alcmena, fixo que a noite durara tres días, prohibíndolle ó sol a súa saída. Cando Anfitrión retornou da súa expedición, notou algo raro en Alcmena, xa que ela non reaccionara con entusiasmo e sabía tódalas historias das súas fazañas. Entón, Anfitrión ocurréuselle a idea de preguntarlle a Tiresias, que era un adiviño. Él contoulle todo o acontecido, e aínda sabendo que Alcmena non tivera ningunha culpa daquela infidelidade quíxoa castigar queimándoa, pero Zeus, para impedilo, enviou unha tormenta de choiva que apagou todo o lume. Logo, Anfitrión decidiu perdonar a Alcmena e ata encargarse do fillo de Zeus. Esta estaba preñada de dous xemelgos, un era fillo do deus Zeus e o outro do seu marido. Pero cando Hera, a esposa de Zeus, soubo da infidelidade quíxose vingar, facendo a Zeus prometera que o primeiro fillo que nacera da descendencia de Perseo reinaría. Él xurouno, crendo que sería Hércules, o seu fillo con Alcmena, o que nacería antes, pero non foi así. Hera fixo que a muller de Esténelo, rei de Micenas, dera a luz a ós sete meses de xestación e enviou a Ilítia á casa de Alcmena para retrasar o parto. Entón esta púxose na porta coas pernas cruzadas para evitar o oparto pero, unha das serventas díxolle que os xemelgos xa naceran e así permitiu nacer a Hércules. Hera convertiu á serventa nunha comadrexa como castigo. Susana Gutiérrez, 4º
PERSÉFONE E HADES Un día no que a inocente Perséfone estaba recollendo flores, Hades emerxeu da terra e raptouna. Deméter, desesperada por non ter á súa filla a carón dela, botou unha maldición sobre a terra, facéndoa estéril ata que Perséfone regresase. Zeus, procupado polo que esa maldición podía causar nos mortais, pediulle a Hades que deixara libre a Perséfone; só puxo unha condición: a doncela non podía probar bocado durante a súa estancia no Inframundo, do contrario, non voltaría para sempre con Deméter e tería que se casar co señor dos mortos. Isto último non chegou a oídos de Perséfone, así que, cando antes de marchar, Hades lle ofreceu unas sementes de granada, ela tomou unas cinco ou seis. Ao voltar coa súa nai, esta preguntoulle se comera algo no Inframundo, ao que Perséfone lle dixo que seis sementes de granada. Deméter, desconsolada, explicoulle aá súa filla que lle tenderán unha trampa e que agora tería que pasar un mes como consorte de Hades por cada semente que comera. Desde entón, os eses nos que a súa filla estaba no Inframundo con Hades a terra quedábase estéril debido á tristura de Deméter. Sen embargo, cando Perséfone volvía, a terra producía unha chea de vida. Con esta historia pretende explicarse o cambio das estacións. Irene Cela, 3ºA
ZEUS E LEDA Zeus era un deus grego que se namorou de Leda, unha muller casada, e para seducila convertiuse no anmal máis fermoso que hai, un cisne. Así conseguiu enganala e achegarse a ela. Desa relación naceron un fillo chamado Pólux e unha filla chamada Helena, que logo foi coñecida como Helena de Troia. Ó seren fillos dun deus eran inmortais. Neste mito represéntase a Zeus coa capacidade de transformarse no que necesite, neste caso nun cisne, para conseguir os seus propósitos. Armando Rodríguez, 3ºB
Tamén buscamos casos da actualidade onde vimos que as mulleres non recibían un trato igualitario ou de respecto. Con este traballo pretendemos solidarizarnos coas mulleres que sofren violencia pola súa condición ou xénero.
AS DESIGUALDADES As desigualdades entre os homes e mulleres veñen existindo dende sempre. Buscando información sobre o tema, atopei noticias onde se fala de que as mulleres cobran un 22% menos que os homes. Nela falabase de que no ano 2009 se comprobou que unha muller tiña unha diferenza de salario que supuña traballar 86 días máis ca el para poder igualar o seu salario. Ademais, só unha minoría de mulleres son aceptadas para postos directivos. Eu opino que isto ten que acabar porque home e muller son persoas que teñen a mesma capacidade de pensamento e actuación. Farid Trih, 3ºB
Morre agredida cun coitelo e unha machada polo exhome O agresor tiña unha orde de afastamento e á vítima denegáraselle o servizo de teleasistencia móbil por "ter baixo risco" Unha muller de 37 anos faleceu onte en Málaga tras ser agredida cunha machada e cun coitelo pola súa exparella, un home de 41 anos que tiña unha orde de afastamento en vigor e que foi detido pola Policía minutos despois do suceso. A dona solicitara o servizo de teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, que, con todo, lle foi denegado por considerar que o nivel de risco era baixo, segundo sinalou a directora da Área de Igualdade de Oportunidades da Muller do Concello malagueño, Gemma del Corral. A agresión ocorreu pouco antes das 09.30 horas nunha rúa da barriada malagueña de Palo cando a vítima, S.M.G., de nacionalidade española, regresaba de levar á filla de ambos ó colexio. A muller estaba en trámites de separación do presunto agresor, que foi retido e increpado por varios veciños ata que chegou a Policía (…) Segundo afirmaron a Efe testemuñas presenciais do suceso, o suposto agresor levaba xa varios días roldando a zona onde vivía a vítima, a pesar de que tiña unha orde de afastamento dela. O vicepresidente primeiro do Goberno e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, dixo en relación a esta morte que "hai algo que fallou" que se terá que examinar, xa que a vítima denunciara o presunto agresor, que tiña unha orde de afastamento en vigor. "Non levamos un bo ano", explicou Rubalcaba na sinatura dun convenio de colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) en materia de violencia machista, xa que se rexistraron 11 vítimas desde principios de 2011, ningunha delas en Galicia. Delas, oito convivían co seu agresor e só a falecida onte puxera denuncia. Nas mesmas datas do pasado ano 2010, eran catro as mulleres vítimas da violencia de xénero no Estado.
Escollín esta noticia porque ao igual que no libro Cabeza de Medusa as protagonistas sufriron violencia de xénero. Na noticia nárrase como unha muller de 37 anos morre asasinada polas coiteladas que lle causou o seu exhome. No libro a violencia cara a protagonista e a súa amiga é causada por dous rapaces. As dúas rapazas veñen dunha festa e non teñen con quen volver á casa, entón pídenlles a dous rapaces se as poden achegar ao lugar onde viven. Eles acceden e no camiño lévanas a un monte e viólanas.
Os dous casos son vergoñentos porque ademais de que as mulleres sofren terribles consecuencias como son unha violación e a morte, a sociedade segue sen cumprir. No caso da noticia, o agresor tiña orde de afastamento, a cal non se cumpriu e ademais a muller pediu o servizo de teleasistencia pero foille denegado. No libro, despois da violación e posterior acusación aos rapaces, celébrase un xuízo no que ambos violadores saen impunes. Tanto o que se conta no libro como na noticia e outros casos semellantes acontecen diariamente e a sociedade non fai moito para solucionar isto, nin os xuíces cumpren xa que os acusados saen impunes(caso do libro) e as leis non velan pola seguridade das mulleres maltratadas. A sociedade segue sendo machista e sempre se pon en contra das mulleres, isto vémolo no libro xa que as acusan de ir buscando esa violación porque van en minisaia. Por último, tamén escollo esta noticia polo feito de eu ser unha muller e querer denunciar calquera tipo de violencia cara as mulleres; indígname de xeito especial o feito de que porque unha muller vista como lle gusta (con minisaia ou escote) xa ten que ir buscando a violencia e merece que lle poda pasar calquera cousa. O que hai que cambiar son as actitudes dos homes e non quitarlles liberdade ás mulleres.
Alba Rivas, 1º BAC
En moto con las piernas cerradas “en nombre” de la ley islámica Esta noticia fálanos sobre un alcalde dunha rexión de Indonesia que quere pohibir ás mulleres indonesias ir en moto coas pernas abertas. Un dos obxectivos da prohibición é disuadir ás mulleres do uso de pantalóns. Ademais disto o alcalde informou de que as mulleres que incumpran esta nova regra serán sancionadas. Esta noticia é un claro exemplo da situación de discriminación que viven as mulleres que están baixo a lei islámica. Tamara Rodríguez, 4º
IRÁN CONDENA A DÚAS MULLERES POR ADULTERIO Eu elixín unha noticia do ano 2010 na que Los Angeles Times publica unha reportaxe sobre a condena a lapidación de varias mulleres iranís acusadas de infidelidade e de ter aventuras extramatrimoniais, entre as cules se encontraba Sakineh Mohammadi Ashtiani. Esta decisión provocou diversas protestas e críticas de asociacións pro dereitos humanos. O diario iraní Kayhan ofendeu incluso a Carla Bruni afirmando que era unha cortesá e que merecía un castigo semellante a Sakineh, por apoiar a esta muller iraní. María Díaz, 3ºA
NOTICIAS RELACIONADAS COA VIOLENCIA CONTRA A MULLER Mulleres maltratadas decláranse en folga de fame na Coruña para esixir a protección dos seus fillos. Toman esta medida porque se consideran desatendidas polas instancias xudiciais. Marta Anguita é unha muller maltratada que participa no documental A maleta de Marta que denuncia a violencia de xénero. Ela segue a ter medo, pero deu un paso adiante para loitar contra esta lacra social despois de sufrir durante anos maltrato psicolóxico que acabou en maltrato físico. Pese a non ter apoio da súa propia familia, acabou denunciando ó marido, que acabou na cadea e , cando saíu, buscouna para agredila de novo. Agora vive agachada. Unhas 700 mulleres morreron en España na última década a mans dos homes con quen compartían ou tiveran unha relación sentimental.
NOUTROS PAÍSES/CONTINENTES Segundo un estudio levado a cabo pola ONU, unha cuarta parte dos homes interrogados en seis países de Asia-Pacífico recoñecen indirectamente ter cometido unha violación, o que explica a magnitude do feito nesta zona.
Entre os musulmáns existe o chamado crime de honor, que lles permite ós homes a castigar a mulleres da súa familia ou comunidade por non aceptar un matrimonio concertado, ser vítimas de violación, solicitar o divorcio ou cometer adulterio. Os castigos máis habituais son: lanzarlles ácido para desfiguralas, degollalas, lapidalas, estrangulalas, entre outros.
En África as mulleres padecen agresións de todo tipo. A tradición esixe en moitos lugares a mutilación de parte dos seus órganos sexuais para impedir o desfrute. En Sudáfrica a situación de inseguridade cidadá é tan grave que se considera que unha de cada catro é vítima dunha violación. A República do Congo ten o desgraciado título de ser a capital mundial das violacións: alí é violada unha muller cada 5 minutos. En Ciudad Juárez, México, é habitual a desaparición de múltiples mulleres sen que as autoridades tomen medidas para atallar un problema tan grave. Nalgúns casos chegan a aparecer os seus corpos con síntomas de sufrir unha violación e tortura, pero ninguén investiga os asasinatos nin se xulga ós culpalbes. Fálase dunhas 700 mulleres e adoitan darse uns dous casos ó mes.