O lapis do carpinteiro

Page 1

O LAPIS DO CARPINTEIRO


Nesta ocasión imos amosar que foi o que máis nos impresionou da lectura do libro O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. A novela ofrece unha visión diferente da situación vivida polos presos durante a posguerra. Nesta obra son moi abundantes as descricións de carácter plástico debido a que o dono do lapis, que foi paseado, era un pintor ó que lle gustaba representar a realidade que o rodeaba. Partindo da súa inspiración, ofrecémosvos a nosa interpretación da mesma.

Clara Vila, 1ºBAC


Elixín a descrición da páxina 73; porque me pareceu sinxela de facer, pero á vez bonita, posto que é o decorado dun teatro. Fixen dúas versións: a primeira imaxe tipo " collage", cunha lúa sacada de Internet e a silueta dun lobo feito por min; a segunda fíxena eu enteiramente. Noelia Cartoy, 4º


Escollín a páxina 75 porque me gustou a idea de que as lavandeiras argallasen novas formas de comunicación a través da roupa tendida. Tamén me gustou a paisaxe costeira. María Taboada, 4º




Lara Rubal


Cristina Ledo, 4ยบ


Tania Irimia, 1ยบBAC


O lapis do carpinteiro Quizais nun libro repleto de paisaxes fermosas e escenas que destacan por unha descrición artística que, irremediablemente, evoca un cadro na nosa mente, a elección dunha esquela como debuxo é, canto menos, peculiar. Non obstante, para todo hai unha razón. Neste caso, a min esa sinxela imaxe, co seu poético epitafio, consegue emocionarme e facerme parar a reflexionar sobre todo o que lin ao longo da historia. En primeiro lugar, os versos ao carón lémbranme o intenso amor entre Marisa Mallo e o doutor Da Barca, tan protagonista nesta historia. Así mesmo, o feito de tratarse dunha esquela lémbrame á morte, fío conductor de tantas escenas, a pesar de que o doutor, finalmente, non morrese a causa da represión. Ao mesmo tempo, nunha descrición tan curta e nunha imaxe tan simple vexo tamén reflectida a esperanza, a través do lapis de carpinteiro, capaz de cambiar á xente, e da vida conseguida, contra todo prognóstico, por Da Barca, que faleceu rodeado dunha gran familia. Finalmente, gustaríame explicar a presenza do merlo e dos versos ao seu carón, e é que, cando lin o epitafio, unha parte da miña mente regresou a aquel fragmento de poema, cuxo contido, na miña opinión, se pode relacionar co significado simbólico da escena debuxada. Patricia Martínez, 1ºBAC



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.