ATRÉVETE A LER SOBRE MATEMÁTICAS
Ernesto, el aprendiz de matemago Apáganse as luces e unha silueta aparece. Cóbrese cunha capa azul e un sombreiro puntiagudo con lunares que simulan estrelas. Delgado e alto, é o máis vello dos artistas, pois tiña unha barba blanca moi longa. O Gran Mago Minler brilaba na escuridade. Ergueu os brazos e, xusto cando a música parou, unha explosión de luz xurdeu das súas mans…
El gran libro de los enigmas Rompecabezas, xeroglíficos, xogos de lóxica, adiviñas, xogos de palabras... Déixate levar polos 224 enigmas para resolver só, cos teus amigos ou coa túa familia, e sucumbe ó pracer de desafiar as túas neuronas...
s cacontar canto un a te s e v é Atr ai n ctángulos h drados e re adrez? Parécex taboeiro de r un puzzle de 4 ta n s che fácil mo rcorrer toda e p s ía b a S sen pezas? dunha casa a s n ió c a it b a as h mesm veces pola pasar dúas
Problemas de almohada
En Carnaval matemático encontrarás solucións a problemas sinxelos, acertillos, cálculos mentais. A súa linguaxe é elemental, accesible a todos: a nenos, a adultos e anciáns.
Nico é un rapaz que ten malas experiencias coas Matemáticas no colexio e supón que así seguirá sendo no instituto. Pasa un verán inesquecible co seu avó Iago, profesor de Matemáticas, axudándolle a recuperar unha vella casona. Entre traballo e traballo, Iago amósalle unha cara atractiva e fascinante das Matemáticas.
O libro trata da relación dun rapaz grego co seu tío, un home retirado que no pasado foi un gran matemático e tiña como única meta na vida demostrar a Conjectura de Goldbach. O rapaz sorpréndese de que, a pesar das súas condicións excepcionais, seu tío nunca chegou a publicar nin a realizar nada relevante dentro da investigación matemática.
O libro é unha colección de 72 problemas de Álxebra, trigonometría e Xeometría. Trátase de problemas que o autor resolveu mentalmente mentres estaba desperto na cama.
El País de las Maravillas Matemáticas no é só o título dun libro; é o nome dun museo de Matemáticas situado en Xapón, no que as obras de arte son modelos e propostas matemáticas que permiten ó visitante experimentar con situacións atractivas, interesantes e sentir e desfrutar coas emocións que provocan.
Matemáticas en una tarde de paseo Dous profesores de Matemáticas van construíndo este libro a partir das súas conversas nunha tarde de paseo. Así conseguen crear un libro de resolución de problemas, que extraen de situacións cotidiás. Ofrecen diferentes estratexias para traballar as Matemáticas de forma cercana e divertida, mostrando a súa utilidade para a vida.
Matecuentos cuentamates O obxectivo desta obra é achegar as Matemáticas ós alumnos que cursen a ESO, especialmente o primeiro ciclo. Presenta oito contos que mesturan o literario coa lóxica. Cada historia inclúe distintas probas – enigmas, acertillos e problemas matemáticos– que o lector debe resolver para continuar lendo e enterarse do que sucede.
¡Disfruta con las mates! Sabías que hai un teorema que leva o nome de Napoleón? Coñeces outras formas de multiplicar diferentes da clásica? Que é a constante de Kaprekar? E a fórmula de Pick? Estás seguro de que un puzzle de dúas pezas é fácil de montar? Es capaz de descubrir as matemáticas que se esconden en calquera páxina dun calendario? É posible demostrar que todos os cabalos de calquera cuadra son da mesma cor?