Memorias dun neno labrego e os temas que nos suxire Club de lectura As mil e unha historias
O Antigo Loito “ Chega o San Pedro, ou o Carme, e eu encerrado; metido na gaiola coma un rulo. E todo pola morte do tío. ¡Que desgraza! Di meu pai que o loito non revivece a ninguén pero a madriña comeza a bagoxar polo seu Braulio, e dálle con que era bo mozo, espelido, un anaco de pan, ¡que sei eu! E o loito segue”. Aquí deixo un dos fragmentos que máis me impresionou de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Trata sobre o loito, sobre o estrito que era naqueles tempos. O loito que se exerce na actualidade declararíase como unha auténtica vergoña para o rigoroso século XX. Pasou de ser unha agonía sen fin a ser normal e pasaxeira. O único que non cambiou foi o seu significado para a Real Academia Galega: “Estado de tristeza e pesar pola morte de alguén”. O loito estaba xeralmente sometido a un estrito protocolo, que fai que o comportamento que se requiría para levalo a cabo naqueles tempos do século XX poida ser hoxe percibido como innecesario e esaxerado. Na actualidade, o loito non é o que era naquel tempo. En Galicia, era toda unha inquisición. Estaba regulamentado o tempo que debía levarse por unha persoa dependendo do parentesco co defunto. A demostración do loito tiña duracións tan breves como tres meses ou tan eternas como oito anos. Estes aspectos da duración do loito afectábanlles máis ás mulleres ca os homes, xa que neste século todos os asuntos morais, maternais ou domésticos lle correspondían á muller dunha maneira obrigatoria. O pasar dunha larga duración de loito non era o único que a sociedade esixía. As mulleres tiñan a obrigación de vestir de negro total sen excepción ningunha a outro tipo de cor. Existía tamén, co paso do tempo, o medio loito ou alivio, que permitía combinar co vestido negro prendas brancas, moradas ou lilas; coa excepción das viúvas, que estaban obrigadas a vestir de negro polo resto da súa vida. Nos homes o loito era moito menos esixente e rigoroso que nas mulleres. Tan só tiñan que coser unha manga de cor negra nas camisas, ou cambiar os botóns por outros de cor negra. Así era o loito en boa parte do século XX, nada que ver co actual. Pablo Maseda, 1ºESO
MEMORIAS DUN NENO LABREGO OPINIÓN SOBRE FEITOS IMPACTANTES
Nesta novela que narra a vida dun neno nos anos 30 vense moi poucas mostras de afecto ou de confianza entre as familias. “De repente, abriuse a porta da miña habitación, era a miña nai, con bágoas nos ollos, abrazoume “. Esta é unha das poucas mostras de afecto que se ven na novela, quizais porque o autor decidiu non enfocar tanto ese aspecto ou simplemente porque así era na familia de Balbino, o protagonista. Segundo os maiores, neses tempos non había falta de afecto senón respecto polos pais e avós, a quen se trataba de vostede. Aínda dando a impresión de seren fríos ou distantes, seguro que por baixo desa capa de xeo, dese escudo, se querían tanto como a maioría das familias. Itziar Verdes, 1ºESO